Manifestación o 17M porque "o idioma é a vida"

Queremos Galego convoca este ano unha única manifestación en Santiago empregando como lema un verso de Manuel María. A Mesa di que o PP non cumpriu o seu compromiso de promover a lingua do país.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/05/2016 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

Membros da xestora nacional da plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 600 colectivos sociais de diversos ámbitos, compareceron esta mañá diante dos medios de comunicación para presentar a convocatoria de manifestación do 17 de maio.O lema escollido para esta convocatoria é “O idioma é a vida” recollendo un verso do coñecido poema “A fala” de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas este ano.

Rolda de prensa de presentación da manifestación de 2016 de Queremos Galego
Rolda de prensa de presentación da manifestación de 2016 de Queremos Galego

Os organizadores esperar xuntar “mostrando, máis unha vez, que a inmensa maioría do pobo galego quere a súa lingua e accións políticas reais e efectivas apra repola e rehabilitala en todos os espazos”.

O portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pla Normalización Lingüísitica, Marcos Maceira, lembrou a participación habitual de Manuel María en todas as accións e actividades de defensa e promoción da lingua do país e o seu compromiso con moitas causas xustas, nomeadamente a da lingua galega.  Por isto “a voz e a palabra de Manuel María estará presente no acto final da manifestación que se celebrará na Praza da Quintana onde tamén contaremos coa actuación de Mini e Mero ou de Fran Amil e A Tribo Incompresíbel". Amil acaba de publicaru n CD con temas musicados do poeta lugués, editado opla Mesa pola Normalización. 

“O acto final será unha mostra masiva da alegría e do orgullo que temos como pobo  por contarmos con lingua propia, que está viva grazas ao traballo e o compromiso, practicamente en solitario, da propia sociedade, malia a actitude tantas veces hostil dos gobernos da Xunta e do Estado e mesmo dos tribunais, como evidenciou recentemente o TSXG. Festexaremos, ademais, 100 anos de defensa continuada da normalidade para o galego”, sinalou Maceira, en referencia ao centenario da creación das Irmandades da Fala.

Maceira lembrou que en xullo do ano pasado o Partido Popular asinou a declaración de unidade a prol da lingua galego, asumindo un compromiso, xunto a outras moitas organizacións políticas, de combater prexuízos e aplicar todos os acordos arredor da lingua, “sen que aínda hoxe visemos nin unha soa acción favorábel ao dereito a vivirmos en galego”. Por iso considerou que “a lingua galega ten que regresar ao debate político para, entre todos, falarmos de como recuperar os espazos onde debe estar, non para o contrario”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

4 Carliños Lugo

Cando Callón e a Mesa aparecen é obrigatorio botar man á carteira

3 Rgjky

Si, é a vida, dalgúns mais ca doutros.... O glogló e trakatrá. Queren cartiño e chiringos que non valen para nada pero onde poden enchufarse. Non cola, rapaces.

2 Gamela

Porque o idioma só non é máis que filoloxía e penso que boa parte da culpa vén dada por moito filólogo metido a político de salón... Con 15 anos de retraso... e sigue e suma...!!! http://gamela00.blogspot.com.es/201...

1 nostrus

Habida cuenta de que el gallego es lengua oficial y la habla quien le de la gana, llegaremos a la conclusion de que tomar medidas politicas para reactivarla quiere decir que alguien que no la usa estara directa o indirectamente obligado a usarla y lo hara para recreo del imaginario colectivo de las pajas mentales del nacionalismo, como si el gallego se tratara de una religion que no tiene derecho a rechazar aunque no le guste usarlo. Cada ciudadano sabe cual es su lengua propia y cuales son las ventajas, desventajas y limitaciones sin que nadie le venga evangelizar.

1 ixtlan

Lingoa proletaria do meu pobo eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces que ao pór a garabata xa nan saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos do lingoaxe (Celso Emilio Ferreiro)

2 teutonio

Alguén que non usa o galego pode non coñecelo, pode non ter acceso a actividades ou ámbitos nos que facelo, pode ter medo a ser marcado negativamente polos interlocutores, pode ter prexuízos contra esa lingua que lle impiden empregalo ou mesmo pode ser obrigado a non utilizalo como ocorre en certos ámbitos e profesións (militar, educativa, etc.). Por tanto, é traballo do goberno galego, como establece o estatuto de autonomía votado por maioría absoluta do pobo galego, realizar políticas lingüísticas pra reverter esta situación

3 FartodeTontonios

Querido Tontonio, seguro que sabes que hay muchos "docentes" que no hablan otra cosa que el idioma regional. Tampoco respetan la Ley y dan las clases de Matemáticas o Lengua Española en el mismo idioma e incluso se atreven a preguntarle a sus alumnos que por qué no hablan gallego, ¡¡con lo bonitiño que es!! Por otra parte, acude por favor a un puesto de la Guardia Civil en cualquier pueblo de Galicia y te sorprenderás de la lengua que emplean los guardias. Si es que la Guardia Civil te ha avanzado mucho.

4 FartodeHipócritas

Querido FartodeTontonios, no tienes ni puñetera idea de lo que estás diciendo. Piensas que lo que pasa en la escuela de tu barrio es lo que ocurre en el mundo entero. Y el mundo es muy diverso mi querido amigo. Así que sal a dar una vuelta por lo menos 100 km a tu alrededor (no vayas fuera de Europa que a lo mejor te da la pájara, tú que eres tan cosmopaleto) y aprende a conocer diversidad y respeto por la misma Viva Galicia, para todos! para galegofalantes e para castelanfalantes!

5 teutonio

Por lei os docentes de certas materias teñen que ensinar en castelán (outra cousa é que o 100% dos mestres respecten esa norma, de facto o que comentas é máis común no caso contrario, eu tiven literatura galega ou xeografía en castelán nun instituto público vigués). Ademais os membros das forzas armadas durante o seu traballo teñen que empregar esta lingua tamén por lei. Agora vasme dicir que isto é mentira non é?. Proen as verdades?