Temas: INCENDIOS

Primeira semana de calor, primeiros incendios

Máis de 70 hectáreas arderon esta noite en Negreira no primeiro incendio importante da primavera.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/05/2016 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou esta noite da extinción do incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Negreira, parroquia de Aro.

Lume en Negreira
Lume en Negreira

O lume inicouse ás 13:00 horas de onte,  quedou controlado ás 19.50 horas e quedou extinguido ás 23.08 horas da noite. Na súa extinción a Xunta din que traballaron 1 técnico, 4 axentes, 10 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros. Segundo as últimas estimacións provisionais do Goberno, a superficie afectada é de 20 hectáreas de monte arborado e 50,54 de monte raso.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta