Novo drama dunha nai en risco de desafiuzamento con catro fillas ao cargo

Stop Desafiuzamentos alerta das dificultades para pagar a hipoteca desta muller que fuxiu logo de que o home violara das fillas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/05/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Stop Desafiuzamentos Compostela alertou este mércores das dificultades para manter a súa vivenda que está a padecer unha muller vítima de violencia de xénero con catro fillas que foron violadas polo seu pai, para o que a Fiscalía pide unha pena de prisión de 67 anos.

Protesta contra os Desafiuzamentos
Protesta contra os Desafiuzamentos | Fonte: CIG

Esta asociación denuncia que a familia percibe 426 euros cos que "non pode nin pagar" a hipoteca e está a sufrir "ameazas" de desafiuzamento por parte do seu banco.

Ademais, deu conta de que estas mulleres "seguen necesitando protección policial" malia que o agresor se atopa "entre reixas", algo que relaciona con que algúns veciños reservan a súa "solidariedade" para o home e prefiren "cargar contra as vítimas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta