Once proxectos galegos entre os 201 seleccionados para os Premios Arquitectura

Entre eles, o Halo de Vigo; a Casa Mallou, en Santiago de Compostela; o Centro Cultural Forges, en Fonsagrada ou o Muíño de Porto do Molle, en Nigrán.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/05/2025 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

Os Premios Arquitectura entran na segunda fase da súa cuarta edición coa presentación das 201 obras escollidas polos Comités de Selección constituídos nos Colexios e os Consellos Autonómicos de Arquitectos. En total, nesta edición, presentáronse 456 propostas que abarcan as distintas disciplinas da Arquitectura.

Imaxe do ascensor Halo de Vigo
Imaxe do ascensor Halo de Vigo | Fonte: PEDRO DAVILA - Arquivo

A listaxe de propostas seleccionadas fíxose en base aos criterios e valores establecidos nas bases dos Premios  ARQUITECTURA: universais, culturais e artísticos, profesionais e éticos, valores asociados á innovación, diversificación, divulgación e difusión, así como á rehabilitación, renovación e rexeneración e á permanencia.

Os proxectos seleccionados en Galicia son a Casa Mallou, en Santiago de Compostela; o Centro Cultural Forges, en Fonsagrada; o Muíño de Porto do Molle, en Nigrán; a Rehabilitación Fondodevila, en Parada de Sil; o Pazo de Martelo, na Coruña; o Ascensor Urbano HALO, en Vigo; o Xardín de Panchés (A casa das silvas), en Panchés; a mellora e acondicionamento do 'Carreiro do Rollo', en Salceda de Caselas; a Praza do Pombal, en Carballo, e a revista 'VAD 11. Los Archivos'. O proxecto de arquitectura efémera Cabane 7L, construído Roma por arquitectos galegos, tamén pasa á seguinte fase.

Os gañadores anunciaranse no transcurso dunha gala, o 3 de xullo en Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta