Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2025 | Actualizada ás 14:09
Unha campaña impulsada pola Fundación Franz Weber, coa recollida, informa, de máis de 60.000 firmas, pide pechar as 23 granxas peleteiras galegas. "Varios anos despois da crise da Covid-19 non houbo grandes cambios na vixilancia destes recintos", sinala nun comunicado no que asegura que "polo menos 23 instalacións deste tipo permanecen en funcionamento en territorio galego, a inmensa maioría na provincia da Coruña".
Ademais, sinala que a súa existencia se dá nun contexto de "acusado descenso por parte da cidadanía do 'consumo' dos produtos derivados: abrigos, estolas, gorros e outras pezas con pel de visón·. Os naturalistas acompañan a súa demanda con máis de 60.000 firmas recollidas a través da plataforma Change.org, onde inciden en que é "un negocio cruel que contamina chans e augas subterráneas, e crea un impacto negativo para a biodiversidade autóctona, polas continuas fugas dos visóns americanos das gaiolas, como se detectaron mesmo no Parque Nacional Illas Atlánticas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.