O BNG impulsa no Congreso regular a relación laboral entre asistentes persoais e persoas con discapacidade

"O obxectivo da iniciativa é a de facilitar e aclarar as características da figura do asistente persoal, unha figura que está prevista na Lei de Promoción de Autonomía Persoal", sinalou Néstor Rego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2025 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

O BNG conseguiu o apoio da maioría da Comisión de Discapacidade do Congreso para impulsar a regulación laboral entre a figura do asistente persoal e as persoas con discapacidade. A Comisión aprobou a iniciativa do Bloque para instar o Goberno central a regular esta relación xurídica, de modo que se establezan con claridade as características propias da súa vinculación laboral, así como os dereitos e deberes de cada unha das partes. 

O deputado do BNG, Néstor Rego, durante o pleno no Congreso dos Deputados, a 21 de maio de 2025, en Madrid
O deputado do BNG, Néstor Rego, durante o pleno no Congreso dos Deputados, a 21 de maio de 2025, en Madrid | Fonte: Fernando Sánchez

"O obxectivo da iniciativa é a de facilitar e aclarar as características da figura do asistente persoal, unha figura que está prevista na Lei de Promoción de Autonomía Persoal", sinalou Rego durante a defensa da iniciativa. Nesta lei, lembra o deputado do BNG, tamén se establece unha prestación económica por parte das administracións competentes que ten por obxectivo contratar a unha figura do asistente persoal. "Ata agora aínda é minoritaria en relación co número de persoas que precisan desta figura", destaca. Rego remarca a importancia de achegar "seguridade xurídica" tanto para os traballadores como para as persoas con discapacidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta