A vivenda pública en mans da Sareb: Galicia conta con 1.756 casas e 2.654 chans

Os inmobles están en distintas situacións, desde a venda ata a cesión a concellos para usos sociais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/06/2025 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

A Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) dispón de máis de 1.750 vivendas en Galicia e 2.654 chans, segundo informa a Secretaría de Estado de Relacións coas Cortes e Asuntos Constitucionais a unha pregunta formulada polo deputado do BNG, Néstor Rego.

En concreto, este organismo, dependente do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa, posúe en propiedade ata 1.756 vivendas na Comunidade. Con todo, explica que estes inmobles poden atoparse en diferentes situacións, xa sexa en comercialización, en adecuación ou cedidos a administracións públicas para aluguer sociais, entre outras.

Segundo a súa páxina web, a maioría das vivendas atópase na provincia da Coruña, superando o milleiro. En Pontevedra roldan as 400 e en Lugo non alcanzan as 200. Ourense é a provincia na que menos vivendas posúe, con case unha vintena.

A Xunta licita por 6,6 millóns as obras de 24 vivendas de promoción pública no polígono de Ou Bertón, en Ferrol. XUNTA
A Xunta licita por 6,6 millóns as obras de 24 vivendas de promoción pública no polígono de Ou Bertón, en Ferrol. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta