A proba de Bioloxía na PAU en Galicia recibe numerosas queixas: "É desproporcionado"

"É un exame bastante complicado para nivel de segundo de Bacharelato", din algúns profesores

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2025 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A proba deste ano de Bioloxía nos exames de Acceso á Universidade (PAU) en Galicia xerou malestar entre estudantes e profesores desta área pola esixencia da mesma.

Tanto en persoa como a través de redes sociais expresouse o reproche ao citado nivel de esixencia. "Pois nada, aquí o alcanzable exame de Bioloxía", cuestionábase nun dos comentarios difundidos por redes sociais para precisar, ademais, que "a metade do contido non está no temario".

"Toda amargada despois do exame de Bioloxía da PAU", exhibía unha das persoas que fixo a proba das máis de 13.000 que se presentaban en Galicia este ano para poder acceder á universidade.

De "imposible", "desproporcionada" ou do nivel dunha oposición, tacharon en concreto a seguinte pregunta: Algúns virus, como o da gripe, teñen unha alta taxa de mutacións, o que fai que, moitas veces, as vacinas dun ano non sexan eficaces o seguinte Como pode facilitar a utilización de ARNm a creación de vacinas novas, adaptadas ás mutacións producidas?".

E é que as redes sociais enchéronse de comentarios con críticas a este tipo de pregunta, incluídos tamén profesores, ante o que a maioría cualificaban como un "sentimento común".

"É un exame bastante complicado para nivel de segundo de Bacharelato", expuxo a Europa Press algún profesor consultado para quen había "preguntas nada claras e algo complicadas" para o temario correspondente a ese curso. Todo isto en liña con outras queixas sobre a "ambigüidade" das preguntas.

Proba da PAU en Galicia. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Proba da PAU en Galicia. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

A CIUG VINCULA AS QUEIXAS AO CAMBIO DE MODELO

A presidenta da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) Maite Flores, vinculou co "cambio de modelo" na Proba de Acceso á Universidade (PAU) as queixas trasladadas por alumnos e profesores en relación ao exame de Bioloxía.

Co compromiso de analizar as recibidas, asegurou, en declaracións a Europa Press, que a situación obedece un "cambio de modelo, un modelo competencial", aseverou para incidir en que "a resposta está no propio texto".

"Estamos acostumados a que sexan cousas de memoria, entendo que Bioloxía é unha das materias que pondera para Medicina pero a puntuación nesa parte é menor", sinalou sobre a que xerou máis críticas e ao aludir ás necesidades de obter unha puntuación alta en determinadas carreiras.

Mentres, asegurou que o contido "si está dentro do curriculum" que se imparte en Bacharelato. "A resposta está no texto anterior que tiñan que ler", sentenciou sobre a pregunta que xerou máis queixas.

En concreto, a cuestión máis cuestionada e exposta foi: Algúns virus, como o da gripe, teñen unha alta taxa de mutacións, o que fai que, moitas veces, as vacinas dun ano non sexan eficaces o seguinte Como pode facilitar a utilización de ARNm a creación de vacinas novas, adaptadas ás mutacións producidas?".

E aínda que a presidenta da CIUG insistiu en que todo obedece o "cambio de modelo", asegurou "se ninguén respondeu ou non se abordou por unha amplía maioría esa pregunta competencial veremos que medidas tomar".

No entanto, recoñeceu que na CIUG resultou "sorprendente" a queixa por parte dalgúns profesores, aínda que apuntou tamén a outras persoas que destacaron, dixo, como lles saíu aos seus alumnos ou aos seus fillos e fillas.

"Non somos insensibles", engadiu para instar a esperar ao momento en que se faga a correción dos exames e "véxase a situación" en relación a este caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta