Operación buca do polbo en época de veda

Gardacostas de Galicia leva incautados case 1.300 quilos de polbo e 6.000 utensilios de captura desde abril.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/06/2025 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Na incautación que leva desenvolvendo Gardacostas de Galicia desde abril, foron xa requisados, segundo informa a Xunta, un total de 1.287 quilos de polbo, o 64% na área da Guarda-Ría de Vigo, que tamén concentrou o 77,6% das incautacións de utensilios de captura (4.613), que xunto coas nasas retiradas suman 4.655 aparellos.

A esta zona séguenlle Fisterra-Porto do Son con 584 (9,7%), Arousa Sur con 512 (8,5%), Ferrol con 159 (2,7%), e Pontevedra-A Lanzada con 61 (1%). De todas as incautacións, o 62% tivo lugar ao longo de abril, primeiro mes no que estivo en vigor a veda e no que Gardacostas incautou 3.723 utensilios e nasas por toda a costa galega. Xa en maio, as incautacións foron 2.276.

A Xunta explica que a parada biolóxica busca "axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación sustentable deste recurso pesqueiro". Ademais, o Goberno galego asegura que "en moitas ocasións" os aparellos conteñen nas súas interior femias ovando, o que "pon en risco a conservación desta especie", polo que son devoltas ao mar.

Gardacostas de Galicia incauta case 1.300 quilos de polbo e 6.000 utensilios de captura durante a veda dos últimos dous meses.. XUNTA
Gardacostas de Galicia incauta case 1.300 quilos de polbo e 6.000 utensilios de captura durante a veda dos últimos dous meses.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta