A Xunta di que "se hai que facer axustes, faránse" polas reclamacións da Coruña do grao de Medicina

Pide que non se enfoque esta cuestión con posturas "localistas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2025 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse partidario de "facer axustes" no seo do Consello de Docencia Clínica, máis aló de reivindicacións "centradas no local" sobre o grao de medicina. Así se pronunciou a preguntas dos medios de comunicación sobre o debate aberto ao redor de Medicina na rolda de prensa posterior ao Consello, onde sinalou que o Consello de Docencia Clínica reúnese este martes.

"A Xunta non está para impedir nada. Está para tomar decisións cumprindo as normas no interese xeral", respondeu, antes de constatar que agora mesmo existe unha facultade de medicina en Galicia. Ao seu xuízo, "haberá que analizar se está a funcionar adecuadamente ou hai que facer modificacións" no acordo das tres universidades, do que comentou que "é certo" que é "de hai anos". "No meu opiníon hai que facer axustes", advertiu.

En todo caso, apelou a ver "que sae de aí", e fixo un chamamento a "ser racional e tentar que" o debate vire ao redor de "a capacidade de formar médicos", pois "isto é o principal, moito máis alá de decisións que ás veces teñen que ver máis con reivindicacións centradas no local". "Isto é o que ten que garantir a Xunta. É o que se vai a facer. E se hai que facer axustes, por suposto, haberá que facelos", resolveu.

Facultade de Medicina
Facultade de Medicina | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta