Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2025 | Actualizada ás 16:00
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cre que o Concello da Coruña "xa está a empezar a buscar escusas" sobre a declaración de zona de mercado residencial tensionado. Así o manifestou a preguntas dos medios de comunicación durante a rolda de prensa posterior ao Consello, onde sinalou que se a Xunta tardase "o mesmo que eles" podería estar "anos".
"Pronto empezan as escusas. Xa están a dicir que non vai saír ben porque non contan co apoio da Xunta. Isto é pouco serio", criticou. Así, lembrou que a Xunta non cre "na eficacia desa declaración de zona tensionada" porque "onde se fixo están a producir o efecto contrario e prexudicial".
Por iso ratificou que non as declarará "de oficio en ningún caso", aínda que "se algún concello quere facelo e asumir as consecuencias haberá que fiscalizar se onde anunciaron efectos prodúcense". Neste sentido, comprometeu que no caso de que un municipio o solicite a Xunta autorizarao e "a mostra é que acaba de autorizalo", pero insistiu en que ve "bastante revelador que antes de aplicalo o concello xa está a empezar a buscar escusas", segundo a cuestión que lle trasladou un xornalista, centrada tamén na declaración para a área metropolitana desa cidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.