Mareas e Bloque ven máis preto unha coalición de goberno

Tanto as mareas como o Bloque están a recibir cos brazos abertos a Xaquín Fernández Leiceaga como novo líder dos socialistas galegos. Na súa opinión, a derrota de José Luís Méndez Romeu dá folgos a unha posíbel coalición de goberno na Xunta. Feijóo, pola contra, non parece tan contento.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/05/2016 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

Así, por exemplo, o alcalde de Santiago e un dos principais referentes públicas asegurou hoxe que “o pasado sábado o PSOE tomou unha posición que pode facilitar un cambio de goberno”. Martiño Noriega, de ANOVA, aplaude a chegada de Leiceaga como un paso máis para “derrubar ao PP”.

Xaquín Fernández Leiceaga na sede do PSdeG
Xaquín Fernández Leiceaga na sede do PSdeG | Fonte: infolibre.com

Unha mensaxe similar lánzase dende o Bloque. O seu voceiro parlamentar declarou hoxe que “o BNG ten a convicción de que na vindeira lexislatura autonómica haberá cambio de goberno se ese cambio é froito de un acordo entre tres patas”. Francisco Jorquera aludiu claramente a posibilidade dun goberno tripartito entre PSOE, Bloque e En Marea.

Quen non parece estar tan contento co resultado das primarias socialistas é Alberto Nuñez Feijóo. O presidente desfíxose en eloxios para Méndez Romeu, quen dimitiu hoxe como voceiro parlamentar. Feijóo considera que o PSOE perde un excelente voceiro, pola súa valía dialéctica e experiencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

7 Antinostrus

Digo eu que algo de Bó (e mal aproveitado) debe ter o BNG) cando todos os leaderes do país (Ferreiro, Noriega, Leiceaga, Beiras e a propria Pontón) pasaron pola súa Escola (incluido o "cagapoquito" do Tellado, limpando os lavabos de Radio Fene no seu día- non sei se con, ou non, endiañaña semanal do Rivera Arnoso -........até me contou un axarinho que o cipaiomononeuronal do "Nostrus" estivo un tempo de limpakús do Bautista!!!!...........ao "Caesar o que é do BNGCaesar"........

6 non os impostores

o bloque non ten que ir con esta xente... CO.CO$ e a ruptura o que pe$oe e a democracia e pepeiro a GALEGO!!!! o nacionalismo non se pode mesturar!!!! non o producto bastadificado nado na mente de reborainas! QUE GALIZA SEXA GALIZA, o expañol e engano e ruina!!! non vos fiedes non vos deixedes enganar!!!! viran a roubarnos a sacaros todo ata deixaros na indixencia a pedir esmola polo mundo, enton viran os ladorns expañoles a sacaros as fincas as propiedades e todo o que tedes!!! O NACIONALISMO DEBE SER A PRIMEIRA TRINCHERA DE LOITA POLA PATRIA!!! VIVA GALIZA CEIBE!!!

5 antiburras

O Bloque non conta: Non vai estar no Parlamento Galego

4 Pino

O malo é se os votantes do PSOE, coa E de español, votan a Feijoo en vez de Beiras. A manobra de Xocas daríalle folgos ao PP.

1 Luis

Antes que o E, vai o S.

2 Pino

O S e o O perdeunos hai tempo. O P de partido, cada vez máis, é o único vixente.

3 AUGAFESTAS

As contas da leiteira... En Rodríguez de Viguri xa botan contas. Un par de consellerías son boas para recolocar persoal e respirar un poquiño. Unha pena que no vaia pasar...