Rueda celebra que o Conferencia de Presidentes servira para que se actualicen entregas a conta

"Xa era hora que Galicia reciba os 125 millóns que lle furtaron", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2025 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo "celebrar" que o Goberno vaia a actualizar "por fin" as entregas a conta despois de "furtar" 125 millóns mensuais a Galicia. "Xa era hora", afirmou.

A preguntas da prensa tras o Consello da Xunta deste luns, Rueda lembrou que esta petición foi exposta "de forma xeral" por "case todos" os presidentes autonómicos na última Conferencia de Presidentes, incluído el, pero o Goberno non contestou "absolutamente nada": "Coma se escoitasen chover". Valora que, "polo menos", houbo unha "reacción" do Executivo central, pois supón que "se darían conta" de que as autonomías non podían "seguir" así.

Rueda considera que "é a demostración de que podían facelo moito antes se quixesen". "A ver se empezan a rectificar o tempo que queda", di sobre o Goberno de Pedro Sánchez, "tantas cousas que non estaban a facer ben". A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, anunciou este luns que o Consello de Ministros deste martes, 17 de xuño, ten previsto aprobar un decreto lei para actualizar o diñeiro que reciben comunidades autónomas e concellos como entregas a conta.

Montero, en declaracións a RNE recollidas por Europa Press, afirmou que este decreto lei recibiu o voto en contra do PP, aínda que posteriormente "reprochou ao Goberno o non aprobalo, tamén na Conferencia de Presidentes".

A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, comparece ante os medios de comunicación
A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, comparece ante os medios de comunicación | Fonte: Marta Fernández - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta