Temas: FRAGA VILALBA

Derruban o busto de Fraga na súa localidade natal, Vilalba

A Garda Civil investiga o suceso. Crese que puido ser tirado ao chan cuns cables enganchados a un vehículo.

Por E.P. | Vilalba | 07/06/2016 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

O busto do ex-presidente da Xunta Manuel Fraga (PP) e o pedestal sobre o que se atopaba situado na Alameda de Vilalba (Lugo) foron derrubados na madrugada deste martes.

O busto de Manuel Fraga, en Vilalba, tirado ao chan
O busto de Manuel Fraga, en Vilalba, tirado ao chan | Fonte: Europa Press (cedida por Ferretería Puentes).

Segundo o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado (PP), a Garda Civil abriu unha investigación para determinar o sucedido, tras a denuncia presentada polo Concello, se ben se cre que o busto de bronce co seu pedestal de granito —a parte máis pesada— foron tirados ao chan cuns cables enganchados a un vehículo, "seguramente un todoterreo".

Así, despois de que se dese aviso "a primeira hora da mañá" de que tanto o busto togado de Manuel Fraga como o pedestal estaban tirados polo chan, o Concello de Vilalba deu orde para volver colocalo no seu lugar. Sobre as 9,30 horas deste martes estaba de novo instalado na localidade de nacemento do finado ex-presidente.

O alcalde Gerardo Criado explicou que o busto non sufriu danos significativos e tan só foi necesario volver colocalo na súa localización orixinal.

Este busto, que se atopa fronte a casa natal de Fraga, foi colocado na praza en 1970. A figura xa fora tirada ao río en 2001, tras o cal se optou por reforzar a súa base para mellorar a súa suxeición.

Temas: FRAGA VILALBA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sara

Así poderán mexar os cadelos cando pasen por ela.