Temas: JORQUERA BNG

Francisco Jorquera dirixirá a fundación do BNG

Releva no cargo a quen tamén foi portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez. A representante do Bloque ne Bruxelas, Ana Miranda, exercerá como vicepresidenta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/06/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Francisco Jorquera, quen foi durante os últimos anos o voceiro parlamentario do BNG, será o novo presidente da Fundación Galiza Sempre. Substituirá no cargo a Guillerme Vázquez, que tamén foi portavoz nacional do BNG durante o bipartito.

Francisco Jorquera (BNG)
Francisco Jorquera (BNG)

Ademais, esta fundación incorporarará a Ana Miranda como vicepresidenta. No seu padroado estarán Obdulia Diniz, Montserrat Prado Cores, Xosé Luís Rivas, Mini e Xosé Emilio Vicente Caneda, e continúan Bieito Lobeira, Uxío Breogán Diéguez, María do Carme García Negro e Néstor Rego.

A fundación creada en 1999 desenvolve dúas liñas de actuación prioritarias: unha, dirixida á promoción do pensamento socioeconómico, político e cultural de Galicia, e outra adicada á preservación e difusión da memoria histórica de Galicia e especificamente do nacionalismo galego.

No ámbito do pensamento, a Fundación Galiza Sempre distingue, segundo apunta, tres eixos temáticos “as nacións sen estado, a crítica do neoliberalismo, a desigualdade e a exclusión e social e, en terceiro lugar, as políticas públicas alternativas no ámbito do feminismo, a cultura, a participación cidadá ou as transformacións sociais asociadas ao autogoberno”.

Esta fundación mantén relacións con entidades do País Basco, Catalunya e Portugal, e participa activamente en redes europeas ou no Foro Social Mundial. Está integrada no Centre Maurits Coppieters e é co-fundadora da Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos canda organizacións doutras nacións sen estado e movementos indixenistas.

Temas: JORQUERA BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

15 ONG

Aqui hai moito amigo de traballar sen cobrar polo menos unha remuneración acorde o traballo feito, as ONGs están buscando colaboradores, porque non ides todos en masa a colaborar, hai moita praia sen limpar, moita xente maior que precisa compañia e axuda desgraciadamente, en vez de perder o tempo en decir chorradas nos foros ide axudar a xente panda de hipócritas.

1 caçarratas

Entendo que aos do PP vos moleste que destapemos as vosas vergoñas. Hai non, que ti non eras do PP, que es do BNG, en que estaria eu pensando... sera que vos parecedes tanto...

2 O que hai q oir

Igualiños jajajajaja

14 Anticaspa

O dalle con que a avoa fuma!!!! A ver imos aclarar unhas cousiñas que algúns sodes fáciles de enganar ou facedelo adrede, onde está escrito que ese posto sea remunerado, e de selo canto é a remuneración non creo que sexa de 8000 euros como os que meteron no peto os anticastas, e por outro lado o pesado das SICAV (Leirachá) metes a mesma mentira en tódolos articulos e ala a ver si cola.

1 Mourisco

Que indixencia! É mentira, falso "que Jorquera non cobra, PERO se cobra non é para tanto". Que pobreza de argumentos! É mentira, que importa que medios alemáns e ingleses publiquen listados onde aparece Camilo Nogueira na Sicav, que os copien Infolibre e Praza, siempre podes negar o documentado, faltuche dicir que " fixo moito traballo, e se cobra non é tanto". Con galegos coma ti os intereses dos que usan e abusan da política para engordar o seu peto particular están a salvo (grazas a interesada colaboración dos que se disfrazan de progres).

2 Susavila

O nível dos taparrabos do Beneguai é de creche ou parvulário!

3 Sicav Sicav

Se tan listos sodes e mellor por vos a vos de presidentes da fundación, igual o rexeitades porque nom vos gosta dar pancada por catro pesos en caso de que esa fundación teña os catro pesos para pagarvos, ide comprando as pinzas para votar os que meten no peto 8000 euros por rascala pero iso está ben, o da Sicav podedelo repetir cantas veces queirades pero só demostra a voso descoñecemento en temas fiscais, todolos eurodiputados aparecen nesa lista o corresponderlles unha pensión nos que os fondos estan depositados nunha sicav co obxeto de tributar menos(xa me dirás que culpa ten este elemento diso), pero os medios praza e infolibre só dicen o que lle convén con tal de desprestixiar o nacionalismo galego. De todos modos os eurodeputados do bloque xa fai tempo que renunciaron a este privilexio nom coma outros.

4 Susavila

Estupendo taparrabos do Beneguai, "todolos" eurodeputados non, era unha participación voluntaria nunha Sicav, onde os eurodeputados aportan unha parte e a comunidade (ou sexa, nós, os paganos) dobra esa parte. E como as Sicavs son boas aplaudimos, e as de Luxemburgo mellores (menos en período eleitoral, para pillar votos). E Infolibre é perverso, e Praza antinacionalista (se les o artigo igual te arrepintes, e non negas o sabido), por certo tamén acusas de anti galegos os xornalistas alemáns que destaparon o caso, por paranóia que non quede... E se criticamos somos da Marea que tamén trinca canto pode, ou do Partido Podre..., se por especular non te cortes! Con xente deste nível fazemos unha Galiza servil, na que os políticos mexan por nós e tragamos!

5 caçarratas

"De todos modos os eurodeputados do bloque xa fai tempo que renunciaron a este privilexio nom coma outros". Se renunciaron ao privilexio (sic), para tributar menos (sic), toda a tua defensa fai augas, caese soiña, ti mesmo falas sen coñecer o que dis, caes na tua propia trampa con mentiras e contradicions... es un encubridor de escasas luces.

6 SICAV

Que atrevida é a ignorancia de algúns, que terá que ver un fondo de pensións, cunha SICAV. A maioría vémonos na obriga de ter unha conta bancaria, os bancos teñen e promoven Sicav, logo polo razoamento dalgúns todos temos Sicav ou pagades o recibo da luz en efectivo.

7 Susavila

O fondo de pensións estaba investido nunha Sicav. Que parte non entendes? Ti terás, como moito, conta corriente e plano individual (non colectivo, de 100 investidores que forman unha Sicav como grandes patrimonios). Que din os técnicos de fazenda, por se queres ler e aumentar as luces: ↑ Montero, Jesús. «Los técnicos de Hacienda piden mano dura con las Sicavs». España: Expansión. ↑ Ransés Pérez Boga, Julio. «Los grandes ricos tributan al 1% de forma fraudulenta y no podemos hacer nada». España: Málaga hoy. ↑ «Los inspectores de Hacienda denuncian la existencia de una "amnistía fiscal" a las sicavs». España: El País. 28 de junio de 2005. ... Pero xa sabemos, se son do BNG imposible que trinquen, son inmaculados. Amén.

8 Galego ante todo

Ninguén é inmaculado sexa do Partido que sexa, pero ti acabas de dar coa razón, unha SICAV ten que estar confirmada por 100 elementos e un capital de millóns de euros, polo normal tan só un dos 100 saca rendemento Fiscal o resto son palla, por iso existe a Sicav de Amancio Ortega, a das koplovich, tissens etc.... ti crees que este homiño do que falamos ten algo que se lle asemella en riqueza á esta xente ou que tivo un aforro Fiscal ou algo parecido, podemos estar en contra dun pensamento político pero non acusar por acusar de algo que nom é certo aínda que sone mal, aforro fiscal é facturar mediante unha sociedade coma Aznar ou Monedero.

9 Susavila

Aznar e Monedero non son trigo limpo: empregaron recursos para non pagar. Camilo Nogueira tamén. Legais ou bordeando a legalidade? Todos por igual. Decentes? Ningún. Que Camilo tribute a un 1℅ e que ti ou eu tributemos a un tipo de 20 a 50 veces máis, non che parece un escándalo? E claro que el só non xunta o capital dunha Sicav, por iso compartia con colegas como os casposos do PPsoE e os falsos de IU, e da ralea variopinta de toda Europa. E a metade do capital aportámolo os cidadáns, privilexios dos eurodeputados que lles dobran o que aportan con fondos propios, se cadra tampouco te escandaliza? Xa vés, non era tan difícil de entendelo!

13 Indemnización indiferido

Os mesmos que o critican votan os que cobran un finiquito de 8000 euros por 4 meses a parte do salario, onde chegamos

1 A Tahona

Xa renuncióu Paco Rodríguez ao Plan de Pensións do Congreso dos Deputados?

2 Leirachá

Sentir noxo polo exceso de indemnización que as Mareas e Podemos tragan e calan, non impide criticar que Jorquera viva da política profesional de por vida. Igual de repugnante. Se cadra algúns só miran polo ollo que lles convén (o traseiro), indo de taparrabos. Por certo, non lembrades o caso de Camilo Nogueira, eurodeputado polo BNG participando nunha Sicav de Luxemburgo. Ou Yolanda Díaz, filla da casta e encubridora de pederastas, dando leccións de moralina... Fartos de tanto falso pogre vividor e trepador a conta do público!

3 Non dan as contas

Polo menos rompeuse a alma en Madrid aturando porcos españolistas que se marchaban das bancadas cando tocaba falar dos temas que atinxen a nosa terra, e sempre defendeu os intereses de Galicia, tan só hai que comprobar o traballo feito por eles no congreso durante estes anos, outros van de palmeros e olvídanse que están ahí para represetarnos. https://www.youtube.com/watch?v=ZN8... Xa se lle ve a este home que vive en medio de luxos e riquezas, debe ter unha pensión enorme, vale máis unha camisa de Anton Gómez Reino ou unha estancia en hoteis de superluxo no Alpes suizos rodeado de ricachóns, e iso que ten 0 euros na conta, a min que mo expliquen

4 Antonimus

Si, vale, fixo o traballo de deputado, e viveu e cobrou coma tal. Mentres que o común dos mortais temos que vivir escornándonos, hai que ser "comprensivos" co "duro traballo" que tiveron que fixeron no Congreso...nada que ver co que temos que facer os cidadáns normais, por iso agora se recompensa con estes postos de "xubilación anticipada". Criticamos as portas xiratorias para as eléctricas e todo iso, pero defendemos as sinecuras para as colocacións en Fundacións ou chiringuitadas a través das organizacións controladas. Entón ¿en que medida o non confluir e todo aquelo é para manter o control do "status quo", do modo de vida?, ¿e que medida o interese xeral está sometido ao particular?

12 O que hai q ver

A ver criticóns quen queredes que presida a fundación do BNG, Ynestrillas ou Monedero? Si anda cada iluminado por aquí. Jorquera tivo unha actividade política frenética outra cousa é que nom vos gusten os ideais nacionalistas galegos.

11 A Tahona

Pero para xubilarse non hai que traballar primeiro?