Temas: JORQUERA BNG

Francisco Jorquera dirixirá a fundación do BNG

Releva no cargo a quen tamén foi portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez. A representante do Bloque ne Bruxelas, Ana Miranda, exercerá como vicepresidenta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/06/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Francisco Jorquera, quen foi durante os últimos anos o voceiro parlamentario do BNG, será o novo presidente da Fundación Galiza Sempre. Substituirá no cargo a Guillerme Vázquez, que tamén foi portavoz nacional do BNG durante o bipartito.

Francisco Jorquera (BNG)
Francisco Jorquera (BNG)

Ademais, esta fundación incorporarará a Ana Miranda como vicepresidenta. No seu padroado estarán Obdulia Diniz, Montserrat Prado Cores, Xosé Luís Rivas, Mini e Xosé Emilio Vicente Caneda, e continúan Bieito Lobeira, Uxío Breogán Diéguez, María do Carme García Negro e Néstor Rego.

A fundación creada en 1999 desenvolve dúas liñas de actuación prioritarias: unha, dirixida á promoción do pensamento socioeconómico, político e cultural de Galicia, e outra adicada á preservación e difusión da memoria histórica de Galicia e especificamente do nacionalismo galego.

No ámbito do pensamento, a Fundación Galiza Sempre distingue, segundo apunta, tres eixos temáticos “as nacións sen estado, a crítica do neoliberalismo, a desigualdade e a exclusión e social e, en terceiro lugar, as políticas públicas alternativas no ámbito do feminismo, a cultura, a participación cidadá ou as transformacións sociais asociadas ao autogoberno”.

Esta fundación mantén relacións con entidades do País Basco, Catalunya e Portugal, e participa activamente en redes europeas ou no Foro Social Mundial. Está integrada no Centre Maurits Coppieters e é co-fundadora da Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos canda organizacións doutras nacións sen estado e movementos indixenistas.

Temas: JORQUERA BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

5 Souto

Os do BNG tendes que baixar o listón. Mira Beiras; tanto lhe da Xan coma Pericán. Houbo hai anos un slogan do BNG que me gustou moitísimo e reflectía moi ben o que era seren nacionalista: VOTA BNG. É O QUE MÁIS LHES DOE. Gustariame moito que o repetirades. Os que vos crtican aínda non naceran e os seus pais vían na tele UN, DOS, TRES. E os libros que len agora son: "Yo también hice la EGB y no fue para tanto".

4 Lampabroas

Sodes moi malos,pero por mais críticas que lancedes os parasitos como as lapas seguirán a ser parte intrínseca da política

3 Chindasvinto

Jorquer ten que cotizar aínda algunhas anualidades para poder xubilarse.

2 Comunista

Jorquera, a seudo-deputada Miranda, Obdulia, Monse Prado, Mini, Xosé Emilio Vicente, Benito Lobera, Uxío-Breogán, "Fräulein Rottenmeier" García Negro e Néstor. Equipazo de parásitos vividores que non teñen máis aspiración que chupar da política eternamente por medio das "fundacións" coas que o BnG recibe os cartos do seu Amo EspaÑa polos servizos prestados. Só falta Callón, o que foi presidente d´A Mesa entre 2002 e 2014 e que fracasou como “normalizador”, como escritor e como político (O Bloque pasou de 77.664 votos pola circunscripción da Coruña nas eleccións de 2011 a 30.488 votos nas de 2015, menos da metade, e aínda así repite o caradura). Polo momento proba sorte como “humorista-youtuber”, a ver se ten máis fortuna coas bufonadas que nos outros eidos. Pior xa non o pode facer, pero sempre poderá caír "Na Fundación".

1 Fundación Podemos

Hombre, comunista socialdemocrata patriota español ti por aqui! Que escandalo que un do BNG presida a fundación do BNG na que Beiras viaxaba a cumios terceiromundistas e agora hai que pagar as debedas! Se o BNG baixa en votos e che preocupa xa sabes, vótalle!

1 Rico teodorico

Tomade renovaçao bloqueira. Os de sempre nos postos habituais