Temas: JORQUERA BNG

Francisco Jorquera dirixirá a fundación do BNG

Releva no cargo a quen tamén foi portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez. A representante do Bloque ne Bruxelas, Ana Miranda, exercerá como vicepresidenta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/06/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Francisco Jorquera, quen foi durante os últimos anos o voceiro parlamentario do BNG, será o novo presidente da Fundación Galiza Sempre. Substituirá no cargo a Guillerme Vázquez, que tamén foi portavoz nacional do BNG durante o bipartito.

Francisco Jorquera (BNG)
Francisco Jorquera (BNG)

Ademais, esta fundación incorporarará a Ana Miranda como vicepresidenta. No seu padroado estarán Obdulia Diniz, Montserrat Prado Cores, Xosé Luís Rivas, Mini e Xosé Emilio Vicente Caneda, e continúan Bieito Lobeira, Uxío Breogán Diéguez, María do Carme García Negro e Néstor Rego.

A fundación creada en 1999 desenvolve dúas liñas de actuación prioritarias: unha, dirixida á promoción do pensamento socioeconómico, político e cultural de Galicia, e outra adicada á preservación e difusión da memoria histórica de Galicia e especificamente do nacionalismo galego.

No ámbito do pensamento, a Fundación Galiza Sempre distingue, segundo apunta, tres eixos temáticos “as nacións sen estado, a crítica do neoliberalismo, a desigualdade e a exclusión e social e, en terceiro lugar, as políticas públicas alternativas no ámbito do feminismo, a cultura, a participación cidadá ou as transformacións sociais asociadas ao autogoberno”.

Esta fundación mantén relacións con entidades do País Basco, Catalunya e Portugal, e participa activamente en redes europeas ou no Foro Social Mundial. Está integrada no Centre Maurits Coppieters e é co-fundadora da Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos canda organizacións doutras nacións sen estado e movementos indixenistas.

Temas: JORQUERA BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

10 Dalle que libras

Serà un cargo con retribuciòn econòmica non vai traballar Jorquera despois de vivir da política toda a súa vida

9 Antonimus

¿Dirixir a Fundación do BNG?...si que é curioso, pois se está vendendo -ou iso se dixo- que se iniciaba o tránsito cara a "refundación"...se cadra foi a típica manobra de despiste, de "facer que fago", que se rebaixen as críticas, ...e que todo siga igual. ¿Non se ía crear algo novo?, ¿entón como se di que vai dirixir a Fundación de algo que -en hipótese- xa non estaría, pois habería unha nova organización?. Isto é o conto de sempre, facer que se muda para seguir igual. Eu estaba na dúbida do voto útil ou votar nacionalismo, ... pero estes a "patria" lévana no bolsillo ou na colocación. Ao mellor é preferible un pao morrocotudo, facer táboa rasa para que de verdade naza algo novo, sen a pesada mochila de erros pasados e eternos colocados. Hai que finalizar esta agonía dunha organización en coma e que se mantén na UCI para beneficio dos "xestores".

8 Grandais

Se eu tivese que escoller unha parella para Jorquera, sen pensalo a Yolanda Diaz! E se tivese outros apeteceres..., a Pepiño Blanco! Que comparten? Pois que viven do conto, son casta, o choio da politica profesional vai con eles! Ate cando temos que aturar as ratiñas na politica! Ratazanas do Partido Podre e ratiñas do BNG, do PsoE, do PcE, de Podemos, de Anova..., ESTAMOS INFESTADOS DE RATAS MANTIDAS!!!

7 comunista independentista

Máis mamandurrias para os que exercen gustosamente de sicarios do Pp-PsoE contra as Mareas. España si paga a traidores.

6 Ana

Iase retirar da política, toda a vida laboral de fontaneiro do aparato, sen outro oficio ou benefício... Pero non, vai seguir mamando!