Trasladan un home ao que sacaron inconsciente da auga nunha praia de Sanxenxo

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2025 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

Un home, veciño de Asturias, tivo que se trasladado ao Hospital de Montecelo tras sentirse indisposto e esborrallarse na beira na praia de Panadeira, no municipio pontevedrés de Sanxenxo.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 11.30 horas deste venres e foi un particular o que deu a voz de alarma e detallou que varias persoas estaban a tratar de reanimalo.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Ambulancia do 061, Urxencias Sanitarias / Europa Press / Europa Press
Ambulancia do 061, Urxencias Sanitarias / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta