Temas: FUSO HORARIO

É necesario un novo fuso horario?

A USC organiza unha Regueifa da Ciencia sobre a necesidade ou non de cambiar a hora no Estado coa presenza de Francisco Jorquera e o presidente da Asociación para a Racionalización dos Horarios Españois.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/06/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A posibilidade de que España cambie o seu fuso horario é un tema recorrente no Estado, moitas das veces en campaña electoral e outras coincidindo co tránsito ao horario de inverno ou verán. De producirse ese cambio teriamos a mesma hora que Lisboa ou Londres. Pero,  ¿cales son as súas consecuencias?.

O cambio de hora sería benficioso para a economía
O cambio de hora sería benficioso para a economía

Para atopar unha resposta a esta pregunta a USC realiza unha nova Regueifa da Ciencia este venres na que catro voces diferentes defenderán as súas posturas ben diferenciadas nun debate de tipo Oxford, é dicir, con moderador, quendas de palabra cronometradas e unha estrutura por bloques.

A partir das 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación, o público asistirá á regueifa entre o equipo a favor do cambio de fuso do portavoz do grupo parlamentario do BNG no Parlamento de Galicia, Francisco Jorquera, e do coordinador internacional da Asociación para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE) e profesor de Economía e Empresa na UNED, José María Fernández-Crehuet e o do bando oposto, co catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC Jorge Mira e o profesor de Física da Universidade de Sevilla, José María Martín-Olalla.

Para comprobar a efectividade desta clase de confrontacións dialécticas, á entrada na sala preguntaráselle ao público –a través dun sistema de voto electrónico– cal é a súa postura inicial sobre o tema a tratar, que será confrontada xusto ao remate do debate.

O equipo que organiza as Regueifas, que se retransmiten en streaming dende a facultade, comezou xa a preparar o terreo animando a un debate previo a través das súas contas en Facebook e Twitter.

Temas: FUSO HORARIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta