Sete blogueiros “ferrolízanse” para vender a cidade nas redes soicias

O concello convidou a destacados blogueiros para promocionar Ferrol como destino de turismo activo e de natureza.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 10/06/2016 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

Sete bloqueiros aterraron este venres en Ferrol dentro do Blog Trip, un programa organizado dende a Concellería de Turismo para este fin de semana co obxectivo de promocionar a cidade como destino de turismo activo e de natureza.

Jorge Suárez reúnese con sete blogueiros que promocionarán Ferrol no Blog Trip
Jorge Suárez reúnese con sete blogueiros que promocionarán Ferrol no Blog Trip | Fonte: Concello de Ferrol

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez reuniuse este venres con todos eles que estarán nesta cidade ata o domingo para 'ferrolanizarse'. Son Carlos Olmo (Vagamundos), Víctor Gómez (Machbell), Sabela Montero (Viajando. Imágenes y sensaciones), Víctor Ferrando (Foto escapada), Verónica Martínez (Vero4travel), Laura Fernández (Raponchi) e Pepe Romera, experto en vídeo márketing.

O concello suliña que entre os sete, que chegan desde Madrid ou mesmo Benidorm, “suman miles de seguidores nas redes sociais, atentos aos seus consellos e recomendacións a hora de embarcarse nunha nova aventura”.

O rexedor e o concelleiro de Turismo, Bruno Díaz, mantiveron con eles un encontro para intercambiar plans e impresións de cara a esta apremada fin de semana, cun programa de actividades que vai do mergullo ao sendeirismo, pasando polo surf, kayak, o parapente, o patrimonio urbanístico e arquitectónico da urbe, cos segredos que agocha a súa historia ata as iniciativas mais senlleiras como o roteiro das Meninas, e a súa enorme riqueza natural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Comunista

Vender Ferrol xa o fixo o Paco Zarzuelas do BnG con Reganoxo.

1 Inés

Os dous que se ven de frente na fotografía son da Asociación de Empresarios de Hostalería ( os que mandan en Ferrol ). Non creo que sexan blogueiros. Aínda que como a Jorge Suárez, que non ten nin idea de Ferrol, llas colan todas¡¡¡¡¡¡