Sistemas galegos para capturar a avespa asiática

A investigación Stop Velutina de AGA permitirá coñecer o mellor sistema para capturar esta especie.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/06/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Galicia é pioneira na loita contra a avespa asiática, principalmente, porque é un dos lugares máis afectados por esta avella. Por iso, na Mostra Galega de Apicultura celebrada en Arzúa hai uns días presentáronse os primeiros resultados do programa Stop Velutina, no que se están probando diferentes métodos de captura de raíñas de avespa asiática para evitar a formación de niños no verán.

Avespiña asiática, na bugalla dun castiñeiro
Avespiña asiática, na bugalla dun castiñeiro | Fonte: USC.

Á xornada acudiron centos de apicultores e apicultoras de diferentes lugares de Galicia para informarse dos avances da investigación e tamén para coñecer as últimas novidades en produtos apícolas, como o apiturismo, un dos últimos proxectos que está preparando a Asociación Galega de Apicultura e que poñerá en marcha no vindeiro ano.

Nas xornadas interviron Sandra Rojas, investigadora da Universidade de Vigo e coordinadora do programa Stop Velutina de AGA, Lolo Andrade, experto sobre a Vespa velutina, Xesús Feás, investigador da USC e coordinador das Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina e representantes das delegacións comarcais de AGA.

Sistema de trampeo

Sandra Rojas, fixo un adianto do estudo de trampeo e atraíntes que se está facendo masivamente en Galicia por medio das 11 delegacións de AGA. Este traballo vai permitir ter un diagnóstico de cal é o mellor sistema para capturar fundadoras de Vespa velutina, ao mesmo tempo que se agardan os resultados de avistamento de niños durante o verán e outono para ver a eficacia do programa preventivo de AGA, que ten por lema” fundadora que capturemos niño que evitamos”.

Lolo Andrade, experto que está colaborando en programas de loita contra a avespa asiática en varios concellos, fixo referencia á importancia de que a sociedade en xeral procedera  a eliminación de niños primarios e así evitar os niños secundarios.  Para isto propuxo divulgar os procedementos máis apropiados para esta labor, sobre todo en colaboración cos concellos.

Sistema antirroubo Centinela

Tamén se presentou o sistema antirroubo Centinela, a cargo de Encarna Garrido da empresa Biopyc, que explicou o funcionamento desta ferramenta. Consiste nun sistema de geolocalización que vai perfectamente camuflado no interior dun dos cadros e permite coñecer mediante unha aplicación no móvil calquera movemento da colmea e o seguimento no caso de que se desplace.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta