Multan aos concellos de Mondariz e Ponteareas por destrución de hábitat nun paseo fluvial

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador por destrución do hábitat, alteración do espazo ou achega de terra e xabre ao cauce do río Tea.

Por Galicia Confidencial | Ponteareas | 15/06/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil acaba de abrir expediente sancionador contra os concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras realizadas para a construción do paseo fluvial do río Tea.

Destrucción de parte dos parapetos do castro da Croa, en Ponteareas /http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es
Destrucción de parte dos parapetos do castro da Croa, en Ponteareas /http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es

Desde hai case tres anos, o Grupo Ecoloxista ADENCO vén denunciando o impacto destas obras sobre o espazo protexido dentro da Rede Natura 2000 Río Tea, debido á construción dunha senda fluvial quilométrica, entre Ponteareas e Mondariz. As afeccións afectan ao hábitat, alteración do espazo ou achega de terra e xabre ao cauce do río, entre outras.

A raíz das últimas enchentas, nas que a auga do río destruíu quilómetros de senda, arrastrando centos de toneladas de xabre ao fondo do río, levantando ou movendo pasarelas e pontes, deixándoas inutilizadas, o Grupo Ecoloxista Adenco volveu pór de manifesto a inadecuada realización da obra, que non cumpría os permisos obtidos no seu día.

Por iso, a Confederación abre un expediente sancionador contra as dúas administracións locais implicadas na realización da obra, polo incumprimento de determinadas condicións, que eran fundamentais para autorizar a obra no dominio público hidráulico.

O Grupo Ecoloxista ADENCO pide o xa a acordado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia; a necesidade de retirar a senda e devolver o espazo á súa situación anterior.

Obras denunciadas no entorno do río Tea, en Ponteareas por Adenco
Obras denunciadas no entorno do río Tea, en Ponteareas por Adenco

Nos pasados días, Adenco deu a coñecer outra sanción imposta ao Concello de Ponteareas, de 6000,00€, pola destrución do Castro da Croa de Ribadetea, tamén como consecuencia da realización da senda fluvial. Ademais, está pendente a sanción á Comunidade de Montes de Ribadetea polos mesmos feitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta