The Walking Dead terá un novo Spin-off: Galicia Zombilingüe

A canle estadounidense AMC anunciou unha nova serie derivada de The Walking Dead e estará localizada en Galiza.

Por GcToday | Galiza | 22/06/2016 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Segundo se puido saber na tarde de onte a nova serie chamarase Galicia Zombilingüe e nos sumerxirá de novo nunha distopía apocalíptica provocada por un grupo de reintegratas que manipulaba plutonio para atentar contra un caixeiro de Abanca, morre debido á radiación  e se transforman en zombis e irán mordendo aos “españoles de bien” inacuándolles o virus do galeguismo.

A xente mordida irá medrando e, así, irá medrando o grupo de zombies galegos esencialistas que ameazarán a plácida comunidade española en Galicia xa que os principais efectos de converterse en zombie son emitir sonidos inintelixibeis en galego, ir todos xuntos manifestándose por algo e substituír o ‘ñ’ por ‘nh’.

Os protagonistas serán un grupo de emprendedores do Círculo de Empresarios de Vigo que tratarán de sobrevivir ante a plaga de galeguismo que os rodea. Armados con escopetas de caza e bolsos de Louis Vuitton irán abríndose paso e sobrevivindo mentres se preparan para a chegada de centos de miles de zombies provintes do sur de Galiza onde o virus do reintegracionismo pegou forte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta