Libro inédito de Valle-Inclán cando era corresponsal de guerra

A USC presenta a edición do caderno de notas inédito, que Valle-Inclán escribiu durante a súa estadía en Francia como correspondente de guerra de El Imparcial en 1916.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/06/2016 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O 27 de abril de 1916, en plena Guerra Mundial, Valle-Inclán viaxou a Francia, onde permaneceu dous meses durante os cales realizou varias visitas á fronte de guerra. Desa intensa experiencia deixou constancia escrita nun pequeno caderno de notas de carácter estritamente privado que dá conta das observacións e impresións do escritor sobre os efectos da guerra na vangarda e a retagarda francesas que coñeceu. 

Ramón María del Valle Inclán
Ramón María del Valle Inclán

Ese caderno, un manuscrito rigorosamente inédito, publícao agora a Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán da USC en Con el alba. El Cuaderno de Francia (1916). Manuscrito inédito de Ramón del Valle-Inclán, facsímile, estudo e edición a cargo da profesora Margarita Santos Zas, directora da colección. 

O volume preséntase este martes 21 ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome nun acto que preside o reitor Juan Viaño e no que ademais da profesora Santos intervirán o director do 

Os editores defíneno coma "un excepcional testemuño que recolle as impresións do escritor da guerra nas trincheiras aliadas, correspondentes ao mes de maio do citado ano". Este diario constitúe o punto de partida do que máis tarde sería. La media noche. Visión estelar de un momento de guerra (1917). O estudo preliminar vai acompañado dunha transcrición do texto orixinal anotada e do facsímil do manuscrito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Rabuda

E os que non acentúan que tipo de analfabeto son?

1 fartodefranquistas

valle inclan era un analfabeto funcional al igual que camilo jose cela un fascista profranquista

1 Roi Castro

A eles os recordarán sempre e haberá estudos e teses sobra a súa obra, mentres ti gastas a túa irrelevante vida sen que lle importe a ninguén o que penses ou fagas. Iso sí, moi fácil berrar dende detrás do PC...

2 fartadeignorantes

Buenas: creo que algunos deberían leer mucho antes de escribir una línea para comprender el significado de algunas palabras...analfabeto, por ejemplo, para poder utilizarla de forma adecuada en contextos apropiados o aplicarlo a las personas a las que de verdad refleja para que no exprese sin querer su propia naturaleza.