Un novo libro para "desenmascarar os castelanismos" da toponimia

A Universidade de Vigo presenta un volume (que se pode descargar en PDF no interior) que explica porque non debemos usar formas como "alaricano". O autor, o profesor Xosé-Henrique Costas carga contra a prensa por deturpar a diario a rica toponimia do país.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/06/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

“Somos conscientes de que moitas das nosas propostas son arriscadas, mesmo ousadas, pero fixémolas desde o coñecemento e o amor ao noso idioma”. Así describe Xosé-Henrique Costas, director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, os contidos do seu último libro Os xentilicios de Galicia e doutros territorios da lingua galega, un manual que nace para orientar na formación dos xentilicios e tamén “para desenmascararmos tanto castelanismo disfrazo de cultismo (que no fondo son o mesmo: desgaleguización) e para tratar de establecer unhas normas de creación non condicionadas por orientacións foráneas”, subliña o docente vigués, que fai tamén fincapé en que “no mundo da lingua non hai nada inocente nin casual, nin sequera a invención ou a suplantación dun xentilicio”.

Editado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade, o libro nace do que autor denomina “un cabreo prolongado no tempo”, cabreo que xorde ao constatar como a diario na prensa de Galicia, maioritariamente escrita en castelán, “se deforman e inventan xentilicios sen criterio ningún para moitos topónimos que non os tiñan; se soterran xentilicios populares con formas supostamente cultas ou solemnes que ao cabo derivan en evidentes castelanizacións; e, sobre todo, por constatarmos como ninguén cuestionaba estes inventos castelanizantes”.

Especialista en Sociolingüística e Dialectoloxía das falas exteriores do galego, Costas inclúe neste manual, ademais dunha ampla listaxe dos xentilicios de todos os concellos e comarcas de Galicia, os dos territorios de Asturias, León, Zamora e Cáceres considerados lingüisticamente galegos.

Máis de corenta mil topónimos de lugares habitados
A meirande parte dos máis de corenta mil topónimos de lugares habitados que existen no territorio lingüístico galego, segundo se explica no libro, nunca tiveron un xentilicio correspondente e si, en troques, teñen ou poden ter alcumes colectivos cun matiz festivo, humorístico ou pexorativo. Entre estes ditados tópicos predominan os alcumes colectivos de oficios: picheleiros (composteláns), paraugueiros (ourensáns), zoqueiros (porriñeses)... , pero tamén os relativos a produtos do campo (pataqueiros, repoleiros, pimenteiros, nabeiros...); de animais (merlos, tabáns, cucos, carrizos, corvos...) ou relacionados co emprazamento ou característica da localidade (ribeiraos, aneboados, montañeses...). Estas formas pertencen ao rexistro coloquial da lingua.

Que moitos topónimos non teñan un xentilicio coñecido formado sobre eles non quere dicir, a xuízo do autor, que non se poida botar man dun sufixo habitual na formación de xentilicios e non se poida crear ou formar ese xentilicio sobre o topónimo e que co tempo se chegue a popularizar. “A lingua pode crear, pode compoñer, pode inventar, e os sufixos están aí para axudaren a formar palabras novas”, apunta Costas, quen exemplifica esta afirmación aludindo á recente fusión entre Oza dos Ríos e Cesuras, “aínda ninguén se atreveu a crealo, pero se a Oza lle inventaron ocense e de Cesuras era cesurán, cal será o xentilicio resultante dos dous? ozacesurán, ozacesurense, ocesurán? Dos tres posiblemente sería mellor este terceiro para evitarmos cacofonías zarabeteantes, pero non hai aínda nada escrito nin prescrito por ninguén”.

Inventos estraños que “inzaron como silveiras”
O libro denuncia como no último medio século “inzaron como silveiras” innumerables inventos estraños que naceron do descoñecemento e ignorancia dos xentilicios propios por parte dos “inventadores”, que provocaron numerosos castelanismos artificiais: santirseño (de Santiso) no canto de santiseiro; chantadino (Chantada), no canto de chantadés; cruceño (Vila de Cruces) no canto de carbiao (Carbia era a antiga capital deste concello) ou formas galegas como crucés ou crucense; rosalino (O Rosal) no canto de rosaleiro; gondomareño (Gondomar) por gondomarés; trasalbeño (Trasalba-Amoeiro) por amoeirés; sanxenxino (Sanxenxo) por sanxenxeiro....

Nesta listaxe de inventos estraños ou autor inclúe tamén o que denomina “solemnes pseudocultismos estrafalarios”: buenense (Bueu) no canto de bueués; forcaricense (Forcarei) por forcareiés; nicraniense (Nigrán) por nigranés; fisterrino (Fisterra) por fisterrán; alaricano (Allariz) por allarizao...

A reposición das formas correctas “unha loita colectiva”
O éxito ou fracaso dunha nova proposta depende máis da súa difusión ca da súa corrección ou eufonía, por iso, insiste Costas en que a loita contra o disparate castelanizante debe ser unha grande empresa colectiva de restauración da forma correcta dos xentilicios. “Se levamos 30 anos traballando pola restauración da toponimia, fagamos o mesmo coas palabras derivadas dos nosos topónimos, cos xentilicios”.

Xosé-Henrique Costas, director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Uvigo
Xosé-Henrique Costas, director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Uvigo

Libro Os xentilicios de Galicia e doutros territorios da lingua galega
Libro Os xentilicios de Galicia e doutros territorios da lingua galega
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

6 Galegus

Canto diñeiro dos contribuíntes en forma de subvencións custounos este libro? Outra pregunta: Que opina este individuo da manía dese chiringuito chamado Televisión de Galicia de deturpar os nomes de cidades españolas como Jaén, Getafe ou Zaragoza para poñelos en galego?

1 teutonio

Zaragoza?, mande?, non sabía que en galego existise o j e o fonema que representa en castelán... tamén escribimos Wroclaw en vez de Wrocław e pronunciamolo como broclab no canto de Brotsuab como nas linguas eslavas, e así 2000 exemplos máis nos que a grafía e a fonética se adaptan ao galego, castelán ou albanés. Está claro que as universidades so poden financiar libros sobre temas útiles como a economía, enxeñerías ou a bioloxía, a filoloxía é unha pseudociencia e non merece nin que a xente se dedique profesionalmente a iso ou que a universidade pra que traballa lle financie un estudio.

2 nostrus

teutonio ¿poderíasme dicir como debemos dicir correctamente para referirnos ao Xapón ou a Pekin?. Nos camámoslle ao estreito que separa Francia de Inglaterra como Canal de la Mancha, os ingleses chamanlle estreito de Dover e os frnaceses paso de Calais, ¿quen o di correctamente?

3 Galegus

Teutonio, bo chiste o teu. Dicir Zaragoza, Getafe, Castilla ou Jaén non supón ningún problema para os galegos, aínda que claro, non sei o CI da xente coa que che relacionas. Se son todos de Galiza Nova, entendo a túa queixa, pero non representan a ninguén nesta bendita terra como os resultados electorais demostran e demostrarán este domingo. A filoloxía é máis un saber que unha ciencia pura, empírica ou experimental, moi respectable, de non ser por cantidade de jetas e chourizos varios que viven dela producindo lixo. Por iso adoita ser o destino dos peores expedientes de cada instituto.

4 teutonio

Logo o galego non debe ter normas ortográficas ou topónimos propios ou como vai o tema?. Nos dous comentarios obviades un feito ben importante que é que non existe unha relación de poder entre unha lingua o galego, e as outras, xaponés, francés, etc. como si ocorre entre galego e castelán. A deturpación ou tradución dos topónimos pra sonaren máis casteláns de todos os nucleos de poboación, desde vilas a lugares (Puentearenas, Sayanes) é algo común a todas as sociedades europeas que viviron un proceso de construción nacional que buscou a uniformización das periferias en base a unha ideoloxía supremacista. Os falantes de galego non foron por Castela adiante deturpando e impoñendo os topónimos de calquera vila habida e por haber.

5 teutonio

Nostrus meu, le máis, tamén sobre xeografía, o canal da Mancha (La Manche ou English Channel) é unha cousa e Pas de Calais ou o Strait of Dover é so unha parte pequena del... Pequín ou Japón son adaptacións empregadas durante séculos de Nihon ou Beijing (que é como queren os chineses que se lle chame á súa capital, como tampouco debemos utilizar Ceilán por Sri Lanka)... porén non deberías comparar o uso de topónimos deturpados con eses exemplos, máis ben con Aiacciu, Udin, Marosvásárhely, Lerin, Terranòa, Wilno, etc. cidades importantes nas que se fala unha lingua minorizada nos que eses topónimos non son oficiais, foron prohibidos ou deturpados pola lingua do estado en base a unha ideoloxía que non respecta a diversidade lingüística.

5 Montesío

Bravo Xosé-Henrique! Un libro moi interesante e clarificador.

4 Bufffff

Vi que el autor habla de topónimos deturpados -- con lo cual se coloca en el papel de destructor, como si no fuera una barbaridad pretender mutilar el patrimonio cultural de Galicia con topónimos y gentilicios que son seculares en la cultura escrita en español--, como un vulgar agitador de A Mesa, Queremos Galego subvencionado y demás ridículos; y si ese es el nivel intelectual al que llega, no sigo leyendo, mucho menos el libro, que tengo muchas cosas que leer antes de ponerme con pálpitos y chorradas con ínfulas. La RAE, salvo escritos oficiales, aconseja usar La Coruña, y Orense; coruñés y orensano. Lo demás es irrelevante.

1 teutonio

Por desgraza os adláteres da diversidade e o respecto non só empregaban os topónimos que ti comentas, que por outra banda teñen certa tradición no seu uso en castelán. Como bos imperialistas fracasados tentaron borrar todo símbolo da lingua e cultura periférica, comezando polos topónimos, todos eles perfectamente pronunciables en castelán, mesmo de lugares nos que nin existían falantes de castelán como en Río de Molinos, Chandreja de Queija ou Jacebanes. Obviar que isto ocorreu aquí e en moitos lugares de Europa (Francia, Italia, Reino Unido...) e que esta acción tiña por obxectivo eliminar as linguas periféricas e reducilas a un patois sen utilidade na modernidade é de ser ou ignorantes ou ruíns.

3 nostrus

Los apesebrados del nacionalismo disfrutan de mucho tiempo para entretenerse pagado con los impuestos de todos, incluso de los que no somos nacionalistas. Si siguieramos con su retraila deberiamos cambiarle el nombre a la mayoria de los pueblos de Galicia porque tienen nombre religioso (San Pedro, San Juan de Rio, Santa Apolonia, Santiago de Compostela, San Xusto ctr.)

1 teutonio

Como puxen por eí arriba, todas as ciencias deberían ser financiadas publicamente menos a filoloxía galega, iso non é coñecemento, é política e superstición. Lea máis que ben lle fará...

2 ToxoBravo

Hay un letreiro nunha rua en Vigo, que me chama a atención, pon Calexón de TALLLLL, pero eu penso, que deberia poñer: Ruaxón de TALLLLL, pois si en galego dise, rua, o despectivo, seria ruaxón, non calexón.

1 Cruña

Toxo Bravo. En galego "Callejón", dise: Venela, (Ruason é unha boa chuscada)