Transportistas galegos presentarán demanda no Supremo para reclamar a nulidade das prórrogas da AP-9

Tamén pedirán que se abonen as peaxes pagas de forma "indebida" durante os últimos anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2025 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Transportes de Mercadorías (Fegatramer) presentará demanda en setembro na Sala do Contencioso-Administrativo de lTribunal Supremo (TS) para reclamar a nulidade das dúas prórrogas concedidas en 1994 e 2000 polo Goberno español na concensión a Audasa da autoestrada AP-9, a última das cales está vixente ata 2048. En rolda de prensa en Santiago este xoves, o presidente de Fegatramer, Ramón Alonso Fernández, explicou que se busca "recuperar xuridicamente esa autoestrada" e que "dunha vez sexa gratuíta". Por iso, presentan denuncia contra as decisións do Consello de Ministros que habilitaron estas prórrogas.

O secretario xeral de Fegatramer, Carlos García Cumprido, avanzou que a intención é tamén que, no caso de que se anulen estas prórrogas, pedirase que se abonen as peaxes pagas de forma "indebida" durante os últimos anos. Apuntan que a AP-9 rexistra uns 60.000 vehículos diariamente, dos cales uns 4.000 son de transportes que soportan estas peaxes. García Cumprido incide en que se toma esta decisión ante a "pasividade" do Goberno central. "Non temos moi claro que vai facer", afirma. Denuncia o "pelotazo" que supuxeron estas prórrogas, o cal "están a pagar todos os cidadáns de Galicia".

FALLO NUN PRAZO DE CATRO ANOS

Así, deixa claro que este proceso xudicial é independente do que resolva finalmente a Comisión Europea, que ditaminou que a prórroga da concesión da AP-9 vulnerou as regras da UE en materia de contratación por non haber libre concorrencia. Fegatramer, que calcula que o Supremo pode emitir fallo nun prazo dun catro anos, engade que esta nulidade "pode ser importante" no caso de que se realice o traspaso de competencia da autoestrada a Galicia para que "veña limpo", sen "unha carga importante".

A Comisión Europea enviou un ultimato ao Goberno para que enmiende as irregularidades polas que foron prorrogadas as concesións das peaxes nas autoestradas AP-66 e AP-9 e que, a ollos de Bruxelas, vulneran as regras da UE en materia de contratación pública e de concesión de autoestradas. Un asunto que, de non resolverse no prazo de dous meses, os servizos comunitarios poderán elevar ao Tribunal de Xustiza da UE (TJUE).

Audasa renova as súas seis áreas de servizo da AP-9
Audasa renova as súas seis áreas de servizo da AP-9 | Fonte: AUDASA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta