Convocan unha nova mobilización este luns para pedir a paralización "inmediata" do traslado do paritorio de Ourense

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/07/2025 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

Distintos colectivos concentraranse de novo este luns ás portas do CHUO para pedir a paralización "inmediata" do traslado do paritorio a espazos provisionais, que, segundo as asociacións convocantes, producirase o martes 29.

A mobilización, prevista para realizarse ás 11.30 horas, está chamada a celebrarse por Arrolos de Teta, O parto é noso, Marcha Mundial das Mulleres, Petra Maternidades Feministas, a Asociación Galega de Matronas e SOS Sanidade Pública Ourense.

O traslado planeado producirase tras diferentes incidentes no Materno Infantil, no que esta mesma semana ocorreu un novo desprendemento de teito. A Consellería de Sanidade decidiu clausurar eses espazos e recolocar provisionalmente as áreas de hospitalización de peditaría e obstetricia na actual unidade de cirurxía maior ambulatoria, situada no edificio de Cristal.

Con todo, as entidades detrás da mobilización advertiron de novo, a través dun comunicado, das "carencias" coas que contan estes espazos provisionais. Entre elas, critican a ausencia dunha sala de parto natural e unha bañeira de partos e a existencia de separacións e peches con láminas de aluminio que non gardan "intimidade ningunha".

Ademais, advirten da condición "precaria" dos dous únicos baños a compartir entre todas as mulleres en dilatación, parto e espertar e da solución elixida para a climatización.

Con este motivo, esixen á xerencia do CHUO e á Consellería de Sanidade a paralización "inmediata" do traslado, a apertura dun "diálogo real e transparente" e a garantía de condicións estruturais, hixiénica e humanas "dignas" para o parto e a atención neonatal. Piden tamén o mínimo dunha sala de parto natural e a protección da saúde emocional das mulleres e dos seus dereitos asistenciais.

Concentración ante o Hospital de Ourense convocada pola asociación Arrolos de Teta contra o traslado 'a bulir' do paritorio.. ASOCIACIÓN ARROLOS DE TETA
Concentración ante o Hospital de Ourense convocada pola asociación Arrolos de Teta contra o traslado 'a bulir' do paritorio.. ASOCIACIÓN ARROLOS DE TETA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta