Cultura convoca nove prazas en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro

Trátase de nove bolsas de formación en proxectos de investigación para a Investigación en Humanidades.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/06/2016 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura e Educación convocou nove prazas en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro, segundo informa tras a publicación este mércores no Diario Oficial de Galicia DOG) das bases reguladoras que rexerán o concurso.

Expertos en Literatura infantil no Centro Ramón Piñeiro
Expertos en Literatura infantil no Centro Ramón Piñeiro | Fonte: cirp.es

Trátase de nove bolsas de formación en proxectos de investigación que desenvolve o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Con iso, segundo a Consellería, "refórzase a liña de traballo en investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua propia de Galicia", engade.

O obxectivo, segundo apunta, é avanzar "no coñecemento, normalización e promoción do galego, así no fomento do seu uso en todos os cambios profesionais, académicos e sociais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta