Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 25/06/2016 | Actualizada ás 11:05
Senra considera que “cómpre non eludir máis os debates arredor da cuestión da Unión Europea e o euro e a súa compatibilidade coa democracia e a soberanía popular". A política aposta por abrir este debate "no futuro inmediato" e criticou a súa ausencia na campaañ das eleccións xerais.
Na súa opinión, os resultados amosan a pouca credibilidade dunha UE que "se construíu en contra dos pobos, a favor das multinacionais, e cuxas decisións responden única e exclusivamente á ditadura dos mercados e duns líderes á fronte da Comisión Europea (CE) e do Consello que non son capaces de resolver ningunha das graves crises",.
Senra cre que esta votación tamén reflicte o malestar das clases populares e dunha parte importante da esquerda que loita contra a crise e as políticas de austeridade. Cita, por exemplo, o trato dado a Grecia como un dos motivos dese malestar.
Tamén lle chama a atención a posición de Escocia ou de Irlanda no Norte a favor da permanencia, que pode ser interpretado como "unha forma de expresión e loita pola súa soberanía nacional fronte ao estado-nación hexemonizado por Inglaterra”. “Sen dúbida, o escenario que se abre co resultado deste referemdo dará pé a unha reconfiguración do espazo que hoxe constitue a Unión Europea" prevé a ex-sindicalista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.