Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2025 | Actualizada ás 18:54
O Foro Económico de Galicia destaca o Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade galega creceu un 2,8 % no primeiro trimestre de 2025, ao mesmo ritmo que España. En ambos os casos máis dun punto por enriba do 1,6 % de avance na UE. Así mesmo, a economía galega elévase un 0,9 % en comparación co tres meses anteriores, tres décimas por enriba do país e do ámbito europeo. Así figura no informe de conxuntura elaborado por Santiago Lago, Patricio Sánchez e José Francisco Armesto, con coordinación do economista Fernando González Laxe.
O informe destaca un crecemento agregado do PIB galego caracterizado por "o equilibrio", cunha achega positiva da demanda externa lixeiramente superior á interna (1,6 e 1,2 puntos, respectivamente). Pola contra, tanto na economía española como na europea é a demanda interna a que explica todo o crecemento económico. Non entanto, a economía galega mostra "unha importante retardación" do gasto en consumo final, debido ao menor dinamismo do gasto público: o crecemento do consumo privado en España é do 3,8 %, fronte ao 0,4 % en Galicia. As exportacións galegas increméntanse un 2,2 %, mentres que as importacións contráense un 0,7 %. Francia, Portugal e Italia son os principais destinos das vendas galegas ao exterior. Pola súa banda, o 43,1 % das compras proceden de Europa.
Desde o punto de vista da oferta, o forte dinamismo da industria manufactureira e da construción, así como o crecemento do sector primario definen o comportamento da economía galega no primeiro trimestre de 2025 en relación á media do Estado. A distribución da renda é outra das variables macroeconómicas analizadas por este informe. Os expertos destacan dúas magnitudes: a remuneración dos asalariados (RA) e o excedente bruto de explotación (EBE). Neste sentido, a mencionada evolución no ritmo de crecemento da economía galega tradúcese nunha mellora de ambos os indicadores, aínda que cunha intensidade desigual: no último trimestre de 2024 (último dato dispoñible) o incremento do 6,1 % do PIB nominal tradúcese nun crecemento do 3,7 % na primeira e do 7,4 % na segunda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.