Temas: ELECCIóNS

O PP gaña en Galicia e En Marea queda por detrás do PSdG

Co 80% do escrutinio, o PPdeG é o gran vencedor en Galicia, con 12 escanos. En Marea baixa a cinco e o PSdeG mantense en 6. Rajoy sae reforzado cunha suba de doce escanos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/06/2016 | Actualizada ás 21:26

Comparte esta noticia

Actualización das 22.15

Rajoy  votando nunha imaxe do seu twitter oficial
Rajoy votando nunha imaxe do seu twitter oficial

En Galicia, os populares soben dous escanos para situarse con 12, mentres que os principais prexudicados son En Marea, que perde un e Ciudadanos, que queda sen representación. Os socialistas manteñen os resultados de hai seis meses.

Deste xeito, o PSdeG recupera a segunda posición que perdeu en decembro, cos seus 6 escanos, mentres que En Marea baixa a cinco.

Tamén no conxunto do Estado, a suba do PP é importante, sobre todo, a costa de Ciudadanos. Os populares obteñen 135 escanos, 12 máis que en decembro. O PSdeG, obtén 89, un menos que no 26D e Podemos e as confluencias, os mesmos que en decembro, 71. Ciudanos baixa dez e queda en 30.

Actualización das 21:30

Os primeiros resultados escrutados dan un cambio importantísimo fronte as enquisas previas e as realizadas hoxe a pé de urna. Con todo, co 20% non hai maiorías claras. 

Resultados en Galicia co 90 por cento escrutado o 26 de Xullo
Resultados en Galicia co 90 por cento escrutado o 26 de Xullo

O PP avanza até os 135 deputados e o 30%, avanzando sete deputados. Non habería 'sorpasso' e o PSOE sería segundo con 93 escanos, tres máis.

Unidos Podemos retrocedería tres escanos e as súas confluencias, retrocedendo até 55 escanos coas súas confluencias. Ciudadanos retrocedería moito, dende os 40 escanos até 20. 

En Galicia, cunha porcentaxe escrutado do 33% o PP gaña con 13 escanos, o PSOE 6 e En Marea 4. O PP avanza até o 45% dos votos e Ciudadanos e o BNG quedarían fora. O gran vencedor serían os conservadores avanzando 3 escanos.  

En Marea retrocede dous escanos, con 4 deputados e o 1,33% dos votos, cando o 20D tivo o 1,6% e seis representantes. O BNG-NóS retrocede do 0,22% ao 0,26%, manténdose fóra do Congreso. 

Resultados en 2015 en España

A nivel estatal, o PP vencera os comicios do 20D con 123 escaños ao lograr o 28,7% dos votos con 7,23 millóns de papeletas polo que perdería algo de terreo respecto as pasadas eleccións. Segundo fora o PSOE con 90 deputados e 5,54 millóns de votos, o 22%.

Terceiro Podemos e as súas confluencias con 69 representantes e o 20,6% dos votos. Cuarto Ciudadanos co 13,9% dos votos e máis de 3,5 millóns. Unidade Popular, a marca de Izquierda Unida, hoxe integrada nas listas de Unidos Podemos, conseguira máis de 900.000 votos e o 3,6% dos votos, pero só dous escanos.

Resultados o 20D en Galicia

A nivel galego, nas pasadas eleccións do 20 de Decembro de 2015 en Galicia o PP tamén gañara, con 10 escanos e máis de 609.000 votos. Daquela sumara o 37,1% dos sufraxios no país.

En Marea conseguira seis deputados e 410.000 votos, o 25%. O PSOE tamén lograr seis escanos co 21% e 350.000 votos. Ciudadanos obtivera un escano pola Coruña con 146.000 votos no país, con algo máis do 9%.

Resultados en España co 93 por cento escrutado o 26 de Xullo
Resultados en España co 93 por cento escrutado o 26 de Xullo
Temas: ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

11 Delft

Nin En Marea nin BNG serven para representar o galeguismo, son ferramentas españolas, como os primerios, ou ben desfasadas, os segundos. O progreso en Galicia só chegará cun novo partido socialdemócrata galeguista e un de centro-dereita tamén galeguista. Mentras tanto seguiremos sendo como Murcia ou Cantabria no canto de ser coma Euskadi. E non hai máis. P.D: Evidentemente fuxindo de discursos populistas/comunistas.

10 Ted Flander

Viva! Viva! España ha ganado! ga-na-do , si señor ga-na-do! Ou falando en cristián : gando Moito gando e pouco pastor......Viva Ezpaña oño! y ole.....que vivan las mareas y abajo con el separatismo gallego, entre otros, luego ya vendrán el vascuence y el catalán......Sr. Ministro del Interior.....El cid y Agustina de Aragón han vuelto a ganar a la plebe separatista....

9 ArturodeBretoña

Hai que refundar o nacionalismo organizado. As existentes obtiveron en termos políticos un fracaso. O BNG está patrimonializado polos que meteron nas pedras ao nacionalismo, ten que desaparecer para xurdir algo novo, non controlado por "colocados" nin aprioristas. A Marea, políticamente, tamén está no fracaso, en seis meses perderon moitos votos (hai que ter en conta que, por riba, unha parte dos votos que foron en decembro ao BNG agora, por utilidade, acabaran na Marea), penso que algunha das persoas que ían nas listas transmitiron a imaxen dun interese particular, en pouco tempo albiscábanse coma casta e xeraron rexeitamento.

1 Susavila

Concordo 100%. O BNG debe desaparecer xa. E as Mareas dimitir os cabezas de lista, pedir disculpas aos galegos os mentores (comezando polo Beiras), e espabilar os alcaldes inúteis e entregados a Podemos. Hai que construir unha opción soberanista, completamente galega, totalmente democrática e horizontal, sen partidos guia nin vellos raposos, unha alternativa para o século XXI que supere os que ficaron nos anos setenta, os do 36 e os rexionalismos.

8 subdesenvolvidos da tele

A GZ proporciona máis outro exemplo de terceiro mundismo votando o que sae na tele (de Madrid). Porque da igual o que fagan os candidatos galegos con ou sen polémicas e da igual o que diga este jornal, e inda da igual o que diga a Coz. O que move o voto na GZ é a tele-novela política da tele de Madrid. O PP, o PSOE, tempo tiveron de erosionar Podemos estes meses e as Mareas os seus votantes votan porque Podemos sae na tele. E o BNG ten o resultado que ten porque non sae na tele de Madrid. E non hai outra. Onde non se pode non se pode e non da.

1 Montesio

Totalmente de acordo

7 O Freire

Con rotundidade: Pablo Iglesias en ridiculo, os entregados a Podemos chamados En Marea deberian pedir perdon, dimitir os elexidos (a dedo, ollo, na pior tradicion casposa e da casta), e o BNG desaparecer de vez (Ana Ponton debe dimitir, non serve a escollida pola UPG, e resulta misereiro e moi ruin sentirse forte pola caida das Mareas cando ti nin contas). En resumo: gañou a corrupcion e fracasaron os que vendian fume. Asumide responsabilidades, dimitindo claro!!!

1 subdesenvolvidos da tele

En penso tinhan que dimitir os votantes. Os votantes galegos. Quitas a Franco da tumba e o pós sujeto cun pau, e na GZ sae deputado. Non temos remedio