Temas: ELECCIóNS

O PP gaña en Galicia e En Marea queda por detrás do PSdG

Co 80% do escrutinio, o PPdeG é o gran vencedor en Galicia, con 12 escanos. En Marea baixa a cinco e o PSdeG mantense en 6. Rajoy sae reforzado cunha suba de doce escanos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/06/2016 | Actualizada ás 21:26

Comparte esta noticia

Actualización das 22.15

Rajoy  votando nunha imaxe do seu twitter oficial
Rajoy votando nunha imaxe do seu twitter oficial

En Galicia, os populares soben dous escanos para situarse con 12, mentres que os principais prexudicados son En Marea, que perde un e Ciudadanos, que queda sen representación. Os socialistas manteñen os resultados de hai seis meses.

Deste xeito, o PSdeG recupera a segunda posición que perdeu en decembro, cos seus 6 escanos, mentres que En Marea baixa a cinco.

Tamén no conxunto do Estado, a suba do PP é importante, sobre todo, a costa de Ciudadanos. Os populares obteñen 135 escanos, 12 máis que en decembro. O PSdeG, obtén 89, un menos que no 26D e Podemos e as confluencias, os mesmos que en decembro, 71. Ciudanos baixa dez e queda en 30.

Actualización das 21:30

Os primeiros resultados escrutados dan un cambio importantísimo fronte as enquisas previas e as realizadas hoxe a pé de urna. Con todo, co 20% non hai maiorías claras. 

Resultados en Galicia co 90 por cento escrutado o 26 de Xullo
Resultados en Galicia co 90 por cento escrutado o 26 de Xullo

O PP avanza até os 135 deputados e o 30%, avanzando sete deputados. Non habería 'sorpasso' e o PSOE sería segundo con 93 escanos, tres máis.

Unidos Podemos retrocedería tres escanos e as súas confluencias, retrocedendo até 55 escanos coas súas confluencias. Ciudadanos retrocedería moito, dende os 40 escanos até 20. 

En Galicia, cunha porcentaxe escrutado do 33% o PP gaña con 13 escanos, o PSOE 6 e En Marea 4. O PP avanza até o 45% dos votos e Ciudadanos e o BNG quedarían fora. O gran vencedor serían os conservadores avanzando 3 escanos.  

En Marea retrocede dous escanos, con 4 deputados e o 1,33% dos votos, cando o 20D tivo o 1,6% e seis representantes. O BNG-NóS retrocede do 0,22% ao 0,26%, manténdose fóra do Congreso. 

Resultados en 2015 en España

A nivel estatal, o PP vencera os comicios do 20D con 123 escaños ao lograr o 28,7% dos votos con 7,23 millóns de papeletas polo que perdería algo de terreo respecto as pasadas eleccións. Segundo fora o PSOE con 90 deputados e 5,54 millóns de votos, o 22%.

Terceiro Podemos e as súas confluencias con 69 representantes e o 20,6% dos votos. Cuarto Ciudadanos co 13,9% dos votos e máis de 3,5 millóns. Unidade Popular, a marca de Izquierda Unida, hoxe integrada nas listas de Unidos Podemos, conseguira máis de 900.000 votos e o 3,6% dos votos, pero só dous escanos.

Resultados o 20D en Galicia

A nivel galego, nas pasadas eleccións do 20 de Decembro de 2015 en Galicia o PP tamén gañara, con 10 escanos e máis de 609.000 votos. Daquela sumara o 37,1% dos sufraxios no país.

En Marea conseguira seis deputados e 410.000 votos, o 25%. O PSOE tamén lograr seis escanos co 21% e 350.000 votos. Ciudadanos obtivera un escano pola Coruña con 146.000 votos no país, con algo máis do 9%.

Resultados en España co 93 por cento escrutado o 26 de Xullo
Resultados en España co 93 por cento escrutado o 26 de Xullo
Temas: ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

1 DigoEu

Pu ta mer da. Estas eleicións foron absolutamente inútiles, os resultados, como cabía esperar, son parecidos -un pouco peores- aos de decembro pasado. Só pode gobernar a dereita do PPPSOE, que é o partido que gaña sempre as eleicións mentres os cidadáns non se desasnen. Agora agardemos que o goberno de dereita que imos ter acabe de desgastarse porque non vai resolver de ningunha maneira os problemas da crise, haxa eleicións anticipadas e entón si, pode gañar a esquerda (non o PSOE).