Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2025 | Actualizada ás 20:54
Vilamartín de Valderras rexistrou a temperatura máxima de Galicia durante este venres, 8 de agosto, con 40,6 graos ás 15,50 horas. Segundo a información de Meteogalicia, o termómetro tamén pasou de 40 graos na cidade de Ourense (40,5) e en Rubiá (40,1) nesta tarde en plena onda de calor do mes de agosto.
Todo iso á espera dunha xornada de domingo para a que está activado un aviso nivel vermello en Ourense e Valdeorras por temperaturas de máis de 42 graos. Precisamente, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avanzou que esta onda de calor durará, polo menos, ata o vindeiro xoves de forma xeneralizada no país.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.