Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/08/2025 | Actualizada ás 15:57
A liña de trens de alta velocidade entre Madrid e Galicia continuará suspendida todo o día debido aos incendios próximos ás vías que obrigaron a Adif, o xestor público da infraestrutura ferroviaria, a paralizar a programación habitual dos trens de Renfe.
A previsión anterior apuntaba á cancelación da circulación, polo menos, ata as 17.00 horas, pero fontes de Renfe confirmaron a Europa Press que a liña continuará sen operacións o resto do día, á espera do que suceda mañá.
Nun comunicado, Renfe explica que a circulación non se restablecerá ata que as autoridades competentes permitan facelo, aínda que programou unha serie de circulacións especiais para dar saída aos viaxeiros con orixe ou destino en Madrid e Zamora.
En concreto, houbo un tren ás 7.14 horas desde Madrid a Zamora e outro ás 8.40 en sentido contrario. Tamén ás 13.20 e 20.23 desde Madrid e ás 14.36 e 22.00 desde Zamora. Os incendios forestais tamén afectan á liña León-Monforte de Lemos (Montefurado-Vilamartín), Zamora-Sanabria (Carbajales-Sarracín de Aliste)e Gardo-Ponte Almuhey (León-Palencia) da liña de ancho métrico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.