A Xunta rebaixa a 68.000 as hectáreas queimadas, a metade das que cuantifica o sistema europeo Copernicus

Galicia mantén activos oito incendios, con máis de 68.000 hectáreas queimadas neles, segundo o último parte facilitado pola Consellería do Medio Rural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2025 | Actualizada ás 21:52

Comparte esta noticia

Galicia mantén activos oito incendios, con máis de 68.000 hectáreas queimadas neles, segundo o último parte facilitado pola Consellería do Medio Rural. Unhas cifras que son case a metade das que estima o sistema europeo de información sobre incendios forestais Copernicus que este luns elevaba a máis de 125.000 as hectáreas calcinadas, mentres que o cómputo global en España supera as 300.000 hectáreas neste mesmo mes.

Incendio en Pena Trevinca, desde o visor Copernicus, a 18 de agosto de 2025.. COPERNICUS
Incendio en Pena Trevinca, desde o visor Copernicus, a 18 de agosto de 2025.. COPERNICUS

Así, segundo os datos publicados polo servizo (European Forest Fire Information System, EFFIS), desde principios de agosto, na provincia ourensá, os lumes arrasaron máis de 122.000 hectáreas de terreo só no que vai de mes de agosto; mentres que na provincia de Pontevedra resultaron afectadas unhas 1.300 hectáreas. Na Coruña, o lume queimou 1.163 hectáreas e en Lugo algo máis de 600.

Pero,  a Xunta segue rebaixando estes datos. En concreto están activos os incendios de Chandrexa de Queixa e Vilariño, un único incendio cunhas 18.000 héctareas afectadas; Oímbra e Xinzo de Limia (A Granxa e Gudín 15.000 hectáreas), A Mezquita-A Esculqueira (10.000) e Vilardevós-Vilar de Cervos (900) e Vilardevós-Moialde (500). A eles súmanse Larouco-Seadur (máis de 20.000 hectáreas), Carballeda de Avia e Beade (Vilar de Condes e As Regadas, con 4.000) e A Veiga-A Ponche (20 hectáreas).

SITUACIÓN DOUTROS INCENDIOS

Mentres, están estabilizados os lumes de Maceda (Santiso e Castro de Escuadro, con 3.500 hectáreas), Vilardevós-Fumaces e A Trepa (100), Agolada-O Sexo (400), Riós- Trasestrada (20) e Montederramo-Paredes (120 hectáreas). Pasan xa a controlados, xunto co da Fonsagrada-Monteseiro (150 hectáreas), os incendios de Cervantes-Vilarello (150 hectáreas), O Saviñao-Chave (60), Muxía-Nosa Señora da O (23 hectáreas) e San Cibrao das Viñas-Rante (60).

A provincia de Ourense segue sendo a principal afectada pola vaga de incendios ao estar onde se concentran todos os que seguen activos e coa maior superficie queimada. Mentres, a da Coruña mantense cun nunha situación controlada, o de Muxía, mentres en Lugo son tres os controlados, en concreto Cervantes-Vilarello, O Saviñao-Chave e A Fonsagrada-Monteseiro.

Na de Ourense, con situación 2 na provincia, pola proximidade dos lumes a núcleos de poboación, son en total oito os activos, con catro estabilizados e un controlado. Na de Pontevedra, o último parte sitúa só un incendio, en concreto estabilizado.

BRILAT EN TRIVES

Mentres, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia, a Brilat do Exército de Terra, mobilizada polo Goberno de España trasladou hoxe 8.000 litros de auga ao concello de Trives. Faino, explica, para reforzar a subministración á poboación afectada polos incendios dos últimos días ante a situación existente na zona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta