Unha baixada de 10º favorecerá ao control dos incendios en Ourense aínda que as choivas alí serán "escasas"

As frontes atlánticas achegarán máis nubes, orballos e condicións máis frescas, clave para axudar ás tarefas de extinción.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/08/2025 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Tal e como informou o meteorólogo de Meteo Galicia Juan Taboada, Galicia experimentará esta semana unha "caída da temperatura" duns 10º, e a chegada de varias frontes de influencia Atlántica, que traerán "máis inestabilidade" e "aire fresco". "Aos poucos Galicia perde influencia anticiclónica, e chega influencia do Atlántico", expresou Taboada, quen explica que a primeira fronte está a experimentarse este martes, con "pouca actividade" na provincia da Coruña e ceo "non tan despexado" no resto de Galicia.

O cambio chegará este mércores a partir do mediodía, cando aparecerá unha fronte con "máis actividade, nubes e choivas", especialmente no litoral Atlántico e a partir da tarde ou mesmo ao longo da noite no leste, sur de Lugo e provincia de Ourense. Con todo, destaca que "non é unha fronte de outono inverno".

Tamén o mércores está prevista unha baixada de temperatura por baixo dos 30º, unha temperatura mesmo "baixa" para esta época do ano. "Sumada aos orballos son condicións bastante diferentes a estas semanas anteriores", sinalou.

Ademais, avanzou que o que queda de semana "non se van a recuperar as condicións anticiclónicas", xa que "posiblemente" o venres á mañá entre outra fronte con "algo de choiva" en Pontevedra e A Coruña, e de forma "máis débil e irregular" en Lugo e Ourense. En todo caso, as temperaturas manteranse máis preto dos 25º.

Nesta liña, o fin de semana continuarán experimentándose "ventos húmidos, bastante nebulosidade e temperaturas baixas" para a época do ano e a posibilidade de choiva no oeste e de carácter "ocasional" no leste.

Efectivos aéreos dos bombeiros durante os labores de extinción do incendio de Avión, a 25 de agosto de 2025. Adrián Irago - Europa Press
Efectivos aéreos dos bombeiros durante os labores de extinción do incendio de Avión, a 25 de agosto de 2025. Adrián Irago - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta