Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/08/2025 | Actualizada ás 13:48
Ao 'curandeiro' detido o pasado xoves na comarca da Paradanta, despois posto en liberdade, foille imposta a prohibición de comunicarse e aproximarse á denunciante. Mentres, segue investigado por un delito contra a liberdade sexual por prometer aos seus pacientes "curarse" a cambio de ter relacións sexuais con el.
Así o informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que lembran que o maxistrado do Tribunal de Instancia de Ponteareas, praza 1, en funcións de garda, decretou a súa posta en liberdade, tras ser pasado a disposición xudicial o venres.
Segundo informou a Garda Civil o luns, o presunto 'curandeiro' ou 'santero' aproveitábase da súa situación e dicía a persoas que acudían á súa consulta que, tras un tratamento dun esconxuro con herbas e mantendo relacións sexuais con el, íanse " a curar". A xustificación que el daba é que un espírito as "posuía" e, a través do seu corpo, "podía curalas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.