Temas: SANXENXO PRAIA

Bandeira vermella nas praias de Sanxenxo ante a presenza de carabelas portuguesas

Así o informou o Concello de Sanxenxo, que durante toda a semana anterior estivo a avisar da presenza desta especie de medusa mariña nos seus areais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2025 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

A chegada de carabelas portuguesas levou a izar a bandeira vermella na praia de Montalvo, en Sanxenxo. Ademais, mantense a amarela en Canelas, onde xa se izou en días anteriores, pola presenza de restos.

Así o informou o Concello de Sanxenxo, que durante toda a semana anterior estivo a avisar da presenza desta especie de medusa mariña nos seus areais. Precisamente, durante o fin de semana, a bandeira amarela chegou a estar izada en ata seis praias (Major, Pragueira, Bascuas, Paxariñas Canelas e Montalvo), onde seguían chegando restos de carabelas mortas. Así, esta mesma situación mantense este luns en Canelas e agrávase en Montalvo, onde ondea a bandeira vermella ao detectar a nova chegada de exemplares vivos.

Carabela nas praias de Sanxenxo.. CONCELLO DE SANXENXO
Carabela nas praias de Sanxenxo.. CONCELLO DE SANXENXO | Fonte: Europa Press

Temas: SANXENXO PRAIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta