Por Europa Press / Redacción | VIGO | 09/09/2025 | Actualizada ás 14:16
A Garda Civil investiga a un veciño de Tomiño, de 39 anos de idade, como presunto autor dun delito de malos tratos animais, por supostamente enterrar vivos a varios cachorros de can nunha parcela da súa empresa. Os feitos ocorreron o pasado 3 de setembro, cando o SEPRONA de Tui recibiu un aviso dunha testemuña que denunciaba que un home ía enterrar vivos a unha ducia de cachorros recentemente nacidos nunha parcela onde ten a súa empresa en Tomiño.
Tras dar aviso á Policía Local, a Garda Civil puido identificar a dirección da nave onde se atopaban os cans e efectivos do Seprona, xunto coa Policía Local e co axente ambiental do servizo de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, desprazáronse á zona. Alí entrevistáronse co propietario, que accedeu a que se realizase unha inspección da nave, onde os axentes atoparon 4 cans adultos e dous cachorros. O home, que recoñeceu ser o dono dos animais, explicou que a noite do 1 ao 2 de setembro naceran 12 cachorros e que o día 3 atopou a 4 dos cachorros mortos, polo que os enterrou nunha das naves.
Así mesmo, aseguraba descoñecer o paradoiro dos outros seis cachorros. Os axentes desenterraron aos animais para proceder á realización da necropsia e pescudar a causa da morte. Ao realizar a inspección ocular da nave a Garda Civil comprobou que non é factible o acceso á parcela por parte de terceiros, ao atoparse totalmente pechado o seu perímetro con parede de bloques e valo metálico, dispondo un único acceso a través do portal da entrada. Polo exposto, procedeuse á investigación desta persoa por un suposto delito de malos tratos animais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.