Por Europa Press / Redacción | MADRID | 09/09/2025 | Actualizada ás 17:21
Preto dun milleiro de persoas bloquearon o tramo final da etapa da Volta Ciclista a España en Mos, que tivo que rematar 8 quilómetros antes da meta prevista debido a protestas a favor do pobo palestino. A concentración, convocada pola Plataforma Cívica Vigo Prol-Palestina no Alto de San Cosme, criticou a participación do equipo Israel Premier Tech e denunciou que a competición “blanquea o xenocidio”. Durante a protesta, os manifestantes corearon consignas como “A Volta patrocina o xenocidio en Palestina”, “Non é unha guerra, é un xenocidio” ou “Palestina vencerá”.
A tensión aumentou cando os manifestantes formaron un tapón humano na estrada, obrigando á intervención de Policía Nacional e Garda Civil, que crearon un cordón de seguridade para desaloxalos. Finalmente, a organización da carreira decidiu suspender a competición 8 quilómetros antes da meta para evitar altercados. A concentración, que durou arredor de dúas horas, contou con numerosas bandeiras palestinas, carteis en favor de Palestina e berros dirigidos tamén aos corpos de seguridade, aos que acusaban de “cómplices”.
A pesar da intensidade da protesta, non se rexistraron detencións este martes, a diferenza do que ocorreu o domingo pasado en Lugo. Ao longo da xornada, os operarios pintaron de negro bandeiras e mensaxes propalestinos presentes en distintos tramos do percorrido, mentres que en Pontevedra o alcalde Miguel Ángel Lores asistiu á mobilización.
REMATA A 8 KM DA META
A décimo sexta etapa da Volta, que se está disputando entre Poio e Mos-Castro de Herville sobre 167,9 quilómetros, acabará a 8 quilómetros da liña de meta debido ás novas protestas a favor do pobo palestino, segundo informaron os organizadores da rolda española a través de Radio Vuelta.
A gran cantidade de manifestantes propalestinos nos quilómetros finais da carreira obrigou á organización a cancelar a etapa antes de tempo xa que era imposible o seu paso, a non ser por cargas masivas da Policía. "Debido a unha protesta que está a bloquear a carreira, o gañador de etapa e os tempos para a clasificación xeral decidiranse a 8 quilómetros para a liña de meta", informou La Vuelta na súa web oficial. De feito, ao longo dos quilómetros finais tamén había árbores na estrada impedindo o paso.
O español Mikel Landa (Soudal Quick-Step) e colombiano Egan Bernal (Ineos Grenadiers) forman o dúo que é cabeza de carreira.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
1 GamelaDebemos ter Dúas Voltas Distintas (?) Según NósDiario : "Na madrugada desta terza feira foron identificadas nove activistas na Paradanta e na serra da Groba por pendurar simboloxía de Palestina ao paso da Volta ciclista" E a máis "catro persoas foron identificadas, con proposta de sanción, por facer pintadas no asfalto, nunha estrada da serra da Groba" // Polo tanto cómpre suliñar que o Subdelegado do Goberno en Pontevedra , Abel Losada, Abel Losada é quen dirixe a represión e sabe facer moi ben a pelota para subir no escalafón do Partido. Digamos que cunha man condenan o xenocidio e coa outra impoñen multas gubernativas para que ninguén máis poda apuntarse o tanto da acción contra o Estado Sionista de Israel (?) Átame esa mosca polo rabo... Abel Losada !¿Gústache esta noticia?
- Dubioza Kolektiv, The Rapants e Buhos, entre as propostas da primeira xornada do festival Revenidas
- Un veciño de Tomiño rouba dunha explotación gandeira un pastor eléctrico, unha batería e unha placa solar
- Tratan de coar 6.000 quilos de uva chegada de Portugal na DO Rías Baixas en Salvaterra de Miño
- Fillas de Cassandra e A Banda da Loba encabezan o cartel da gala homenaxe ás nais da asociación de loita contra as drogas Érguete
- CIG-Ensino denuncia "recortes" e "precarización" laboral en centros educativos
- O Goberno central pedirá activar a reserva de crise da PAC para paliar os efectos dos incendios