Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/09/2025 | Actualizada ás 13:14
O tres aeroportos galegos sumaron, no primeiros oito meses do ano, case 3,8 millóns de pasaxeiros, coa terminal de Santiago á cabeza grazas aos seus 2,2 millóns de viaxeiros acumulados, segundo os datos publicados este venres por Aena.
Así, o aeroporto de Santiago Rosalía de Castro, rexistrou no mes de agosto 346.012 pasaxeiros (un 10 % menos que en agosto do ano anterior) e 2.668 voos operados (un 1,3 % menos). Con respecto ás mercadorías, o rexistro alcanzou as 262 toneladas.
No que vai de ano, o número de pasaxeiros acumulados ata agosto (incluído ese mes) é de 2,2 millóns de persoas, un 12,8 % menos. Nese período, a terminal de Lavacolla operou case 17.500 voos (un 6,3 % menos) e moveu 2.434 toneladas de mercadoría.
En segundo lugar sitúase o aeroporto de Alvedro (A Coruña), con 107.474 (+4,2 %) pasaxeiros en agosto e un total de 851.830 (+4,2 %) no primeiros oito meses do ano. No que vai de ano operáronse nesta terminal 10.916 voos, un 12,1 % máis; e en agosto o número de voos foi de 1.421, un 12,6 % máis.
No caso de Vigo, pechou o mes de agosto cun total de 738.110 pasaxeiros acumulados (un 7,8 % máis). No oitavo mes do ano, Peinador rexistrou 1.230 voos (+1,1 %) e 111.611 pasaxeiros (-4,4 %)
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.