O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, negou que existise "caos" ou "falta de coordinación" por parte da Xunta nos labores de extinción dos incendios deste verán e destacou as actuacións preventivas levadas a cabo, cun orzamento de case 45 millóns de euros entre 2014 e 2023. Rodríguez asegurou que os labores tiveron como obxectivo protexer ao máximo os pobos e que os obstáculos en certas localidades debéronse á perigosidade das chamas, que en algún caso alcanzaron 16 quilómetros de ancho, e non a falta de planificación.

A oposición cuestionou estas afirmacións. A socialista María del Carmen Rodríguez Dacosta denunciou a escasa prevención, a insuficiente actuación das brigadas municipais e a falta de persoal cualificado, mentres que o deputado do BNG Secundino Fernández criticou a ausencia de cobertura de prazas, traballadores de vacacións en momentos de risco e a falta de limpeza de leiras, así como adxudicacións que non se realizaron a tempo.
Rodríguez defendeu o traballo realizado durante xornadas con "40 e 50 lumes ao día" e incidiu en que a simultaneidade dos incendios responde a un problema multicausal que require solucións de consenso. A oposición replicou que estas explicacións só serven para "vender fume" e insistiu na necesidade de reforzar a prevención e a coordinación territorial.
Na mesma Comisión, tamén interveu o director xeral da PAC e Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, para informar sobre o impacto da nova PAC 2028-2034 en Galicia, cifrando en 80 millóns a repercusión económica e alertando de que se poderán perder axudas actuais e intensificarse as diferenzas entre territorios. Desde a oposición, BNG e PSdeG reclamaron máis investimento para reverter a situación no rural, mentres o PP preguntou sobre os controis para detectar a dermatosis nodular nos bovinos e as medidas de prevención adoptadas en Galicia.
Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
- O conselleiro de Educación acusa a oposición e sindicatos de "retorcer" os datos: "Hai menos alumnos e máis docentes"
- Galicia inicia o luns 29 a vacinación contra gripe e covid: os grandes recintos dán paso definitivamente aos centros de saúde
- A Xunta nega ausencia de prevención ante os incendios: "Non se fala do que conseguimos salvar"
- Os aeroportos galegos suman 3,8 millóns de pasaxeiros ata agosto
- Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día
- Ryanair ameaza con recortar outro millón de prazas en España se Aena non baixa as tarifas