O Pazo da Ópera da Coruña réndese á intensidade de Wilco e proclama a Jeff Tweedy "for president"

Case 1.800 persoas encheron este mércores o Pazo da Ópera de A Coruña para ver a Wilco, banda de culto ante a que o público se rendeu dende o primeiro minuto, con aplausos e berros de devoción que se centraron no líder do grupo de Chicago, Jeff Tweedy, ao que berraron dende "I love you" ata "Tweedy for president".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2016 | Actualizada ás 11:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Case 1.800 persoas encheron este mércores o Pazo da Ópera de A Coruña para ver a Wilco, banda de culto ante a que o público se rendeu dende o primeiro minuto, con aplausos e berros de devoción que se centraron no líder do grupo de Chicago, Jeff Tweedy, ao que berraron dende "I love you" ata "Tweedy for president".

O recital durou dúas horas e, se ben o son parecía desaxustado nas primeiras cancións --'More...', 'Random Name Generator', 'The Joke Explained'--, a partir de aí, dende que soou 'Art of Almost', Wilco despregou as súas mellores armas cun recital que puxo de pé o auditorio ata en dúas ocasións.

O guitarrista Nels Cline arrancou unha das ovacións máis fortes co seu solo en 'Impossible Germany'. Nese momento, o Pazo da Ópera --que competía en capacidade de convocatoria co concerto que Marc Anthony daba ao mesmo tempo no Coliseum coruñés-- xa vibrara co estrondo da batería en 'Via Chicago', o ritmo electrizante de 'Spiders' e o xa mítico 'Jesus, Etc, entre moitas outras.

Tamén houbo tempo para que Cline se lucise cunha guitarra de dobre mastro: "Look at this guitar!", advertiu Tweedy, pouco falador baixo o seu sombreiro, pero agradecido cun público ao que recoñeceu a súa paixón.

Despois de hora e media que pasou fugaz, os 'bises' chegaron en forma de acústico cun son que rozou a perfección. 'Misunderstood', 'It 's Just That Simple, 'War on War', 'I 'm Always in Love', a versión do 'California Stars' de Woody Guthrie e 'A Shot in the Arm' remataron por conquistar o auditorio.

Un auditorio que saíu da sala convencido de que, máis alá da guerra das galaxias (o novo disco de Wilco, en certo modo rupturista cos anteriores e para algúns seguidores decepcionante, leva por título 'Star Wars'), os de Jeff Tweedy están chamados a ser 'presidentes' pola clase dos seus anteriores álbums e o seu xeito maxistral de tocar sobre os escenarios.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA