Seis menores ilesos tras envorcar un autobús escolar en Ponteareas

Tampouco a condutora resultou ferida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2025 | Actualizada ás 09:58

Comparte esta noticia

Un autobús escolar envorcou este luns na estrada EP-2703, ao seu paso pola parroquia de Padróns, en Ponteareas, sen que ningunha das persoas que viaxaban nel, seis menores de entre 13 e 15 anos e a condutora, resultase ferida.

Segundo trasladou o 112 Galicia, ás 08.05 horas un particular púxose en contacto coa central de emerxencias para alertar de que o vehículo quedara envorcado na cuneta.  Debido á súa posición, as portas quedaran inutilizadas e os ocupantes non podían abandonar o autobús polos accesos habituais.

Por este motivo, os operadores do 112 solicitaron a intervención dos Bombeiros de Ponteareas, que procederon a evacuar, a través do teito, a seis mozos de entre 13 e 15 anos e á condutora. Todos eles atopábanse en bo estado e non necesitaron asistencia sanitaria. Tamén se desprazaron ata o punto axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Ponteareas.

Outro accidente de autobús escolar que se saldou con feridos leves  e ilesos
Outro accidente de autobús escolar que se saldou con feridos leves e ilesos | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta