Propietarios das Fragas do Eume prohiben o paso a un grupo de voluntarios polas súas parcelas

O colectivo bloquea temporalmente as actividades de Compostela Universidades, Betula e outros por non solicitar permisos nas súas parcelas privadas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/09/2025 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

A Asociación de propietarios das Fragas do Eume emitiu un comunicado prohibindo o acceso aos seus terreos ao Grupo Compostela de Universidades e a outras entidades como Betula, Grupo Naturalista Hábitat, Rural-C e Euroeume. A prohibición xorde por mor dunha serie de actividades de voluntariado programadas na zona, que levarán a cabo entre este martes, 23 de setembro e o 7 de outubro deste ano.

Segundo a asociación, o 80% do terreo deste parque natural é de propiedade privada, e o grupo de voluntarios non solicitou o permiso necesario para transitar por estas parcelas. As actividades, que se presentan como "de carácter voluntario", e segundo este colectivo están subvencionadas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con 18.000 euros, provenientes de fondos europeos Next Generation.

A asociación esixe que os estudos e outras actividades programadasse limiten estritamente ás propiedades da Xunta ou ás parcelas das entidades participantes. Ademais, expresan a súa sorpresa e descontento coa Consellería de Cultura por non mostrar "o mesmo interese na recuperación do patrimonio industrial e cultural do interior do parque". A prohibición esténdese a calquera actividade futura sen a previa autorización da Asociación de Propietarios.

Fragas do Eume
Fragas do Eume | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta