Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2025 | Actualizada ás 13:30
Abanca e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) asinaron un convenio de colaboración "que busca dar respostas aos principais desafíos de empresas, pemes e autónomos a través dunha liña de crédito extraordinario de ata 650 millóns de euros", informan.
O novo texto foi rubricado esta mañá na sede da Confederación de Empresarios de Galicia en Santiago e participaron o director xeneral Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa, e o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites. Tras a firma, os dous representantes abordaron a actualidade das empresas galegas e acordaron abordar os novos desafíos do colectivo.
As empresas asociadas á CEG poderán acceder a esta liña de financiamento multidestino en condicións preferentes. Esta proposta extraordinaria de crédito pretende acompañar ás necesidades do segmento e financiar os investimentos necesarios para abordar os seus principais retos.
"Abanca é un aliado para as empresas que queren pór en marcha os seus proxectos, na última década, o 70% das concesións de crédito do banco foron a empresas, cun incremento da 6% fronte ao sector, que reduciu o financiamento nun 5%". "Este acordo coa CEG, sen dúbida, vai axudar a pór todo o noso coñecemento ao servizo das empresas galegas", explica Gabriel González Eiroa, director xeneral Comercial de Abanca.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.