A Fiscalía "ten que intervir" ante a folga no CEIP Ana María Diéguez de Rianxo, apunta a Xunta

As familias néganse a enviar os seus fillos ás aulas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2025 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, indicou que a Fiscalía de Menores "ten que intervir" ante a folga das familias do CEIP Ana María Diéguez, no municipio coruñés de Rianxo, que decidiron non enviar aos seus fillos a clase.

"A inspección está a actuar e, a partir de aí, hai uns procedementos que están deseñados e, cando hai un caso así, a Fiscalía de Menores ten que intervir", sinalou este mércores consultado polos medios antes de reunirse coa Xunta Autonómica de Directores e Directoras de centros de Ensino.

A continuación, o conselleiro advertiu que esta situación "prexudica" ao alumnado xa que lles "están privando do dereito de asistir a clase", nunha etapa que é obrigatoria.

Román Rodríguez indicou que a Xunta "está a dar resposta" ás demandas dos diferentes centros galegos, pero o que "non se pode atender ou resolver" son as peticións que están "fóra dos marcos de organizativos que rexen para todos os centros de Galicia".

O conselleiro de Educación da Xunta, Román Rodríguez
O conselleiro de Educación da Xunta, Román Rodríguez | Fonte: CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta