O uso de Internet entre as persoas maiores de 74 anos medra máis dun 30% en Galicia

O número de usuarios nesta franxa supera por primeira vez os 100.000, segundo un estudo de Osimga

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2025 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

O Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga) fixo público este sábado o informe Seniors dixitais. Edición 2024, que constata o avance da dixitalización entre a poboación de máis idade. Segundo os datos recollidos, o uso de Internet entre as persoas maiores de 74 anos incrementouse máis dun 30% no último ano, acadando xa a cifra de 100.000 usuarios. Isto significa que preto dun terzo deste colectivo emprega a rede con regularidade.

Arquivo - O teclado dun computador
Arquivo - O teclado dun computador | Fonte: Eduardo Parra

O estudo reflicte tamén que, no tramo de 65 a 74 anos, o crecemento foi do 13,5% nun ano, cun balance de máis de 60.000 novas persoas usuarias entre 2021 e 2024. Estes datos evidencian, segundo Osimga, a progresiva incorporación da terceira idade ao uso das tecnoloxías.

Un dos ámbitos nos que máis se percibe este cambio é no comercio electrónico. O 17% das persoas maiores de 74 anos xa realiza compras en liña, o que supón un incremento do 50% en tres anos. Entre os 65 e os 74 anos a porcentaxe elévase ata o 26%.

Tamén destaca o uso da administración dixital, que empregan máis do 65% das persoas de 65 a 74 anos e o 40% dos maiores de 74 para xestionar trámites. Outras prácticas habituais son a procura de información en Internet, as chamadas e videollamadas —usadas polo 86,9% dos usuarios de 65 a 74 anos e polo 79,5% dos maiores de 74—, así como a lectura de medios en liña.

DISPOSITIVOS E CONEXCIÓN

O acceso aos dispositivos electrónicos tamén experimentou un crecemento. O 83,4% das persoas de 65 a 74 anos emprega smartphone, fronte ao 43,1% dos maiores de 74. O uso de ordenadores sitúase en máis dun terzo no primeiro grupo e nun 11% no segundo.

No relativo á conexión a Internet nos fogares, o 67,6% das vivendas con persoas maiores de 74 anos dispoñen de acceso á rede, un 7,1% máis ca no ano anterior. Ademais, máis do 78% destes fogares contan cunha velocidade de 30 Mbps ou superior.

FENDA DE XÉNERO

O estudo tamén analiza as diferencias entre homes e mulleres. No tramo de 65 a 74 anos o acceso é practicamente igual, mais a partir dos 74 a fenda aumenta: o 34,2% dos homes son internautas, fronte ao 26,1% das mulleres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta