SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2016 | Actualizada ás 11:57 por EUROPA PRESS
Mojinos Escozíos, Molotov e Muchachito encabezan o cartel da XIII edición do Festival Castelo Rock, que se celebrará os días 12 e 13 de agosto no municipio coruñés de Muros.
Nun comunicado, a organización destacou que Molotov é un dos grupos máis populares do rock en latinoamérica polo que converten ao festival nunha oportunidade histórica para gozar da súa música nunha actuación que marcará, ademais, o final do seu paso por España dentro da súa última xira.
Por outra banda, o Castelo Rock tamén contará coa participación doutros grupos como Dubioza Kolektiv, Dakidaría, Ánima, Desterrados, Festicultores, así como, Mojinos Escozíos, The Locos e os galegos Terbutalina.
Nesta ocasión, os concertos celebraranse no Parque empresarial de Muros, o que supón unha "mellora substancial" na infraestrutura e os servizos dos que poderán gozar os asistentes, como unha zona de acampada ao aire libre con máis capacidade e máis próxima á zona de concertos, segundo indicaron o organizadores.
CAMBIO DE SITUACIÓN
Así mesmo, quixeron manter o espírito do festival no centro da localidade e, por iso, deseñou un programa repleto de actividades diúrnas repartidas por diferentes puntos do casco antigo e entre as que atopan actuacións de grupos como Agoraphobia ou The Lakazans, pasacalles, actividades para os máis pequenos e entre "outras sorpresas".
O prezo do bono para os dous días é de 27,50 euros, mentres que as entradas para un só día teñen un prezo de 22,5 euros. Poderán adquirirse na súa páxina web --www.castelorock.com--, así como noutros puntos de toda Galicia como Discos Portobello (A Coruña), A Reixa (Santiago de Compostela), Tenda Tipo (Vigo), Jamonería Varadoiro (Muros) e oficinas de correos de toda España.