Estes son os domingos e festivos que os comercios galegos poderán abrir no 2026

O 4 e o 11 de xaneiro, o 2 de abril, o 26 de xullo, o 15 de agosto, o 29 de novembro, e o 6, o 13, o 20 e o 27 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2025 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2026. En concreto, son o 4 e o 11 de xaneiro, o 2 de abril, o 26 de xullo, o 15 de agosto, o 29 de novembro, e o 6, o 13, o 20 e o 27 de decembro.

A orde está asinada polo conselleiro de Emprego, José González, e ditouse despois de consultar aos axentes socioeconómicos determinados por lei, tendo en conta o interese xeral do comercio e dos consumidores. Os mencionados días terán a condición de hábiles durante o ano 2026.

Tenda de comercio comerciante polo miúdo
Tenda de comercio comerciante polo miúdo | Fonte: GOBERNO DE ASTURIAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta